Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROGRAMA 'HABILITA 2015'
O Concello oferta 8 cursos para desempregados empadroados no municipio. A selección do alumnado realizarase por orde de inscrición.
Narón, 6 de Marzo de 2015.- O Concello de Narón abrirá o luns 9 de marzo o prazo de inscrición para os cursos do programa “Habilita 2015”, dirixidos a veciños/as de Narón desempregados/as e que sexan maiores de 18 anos. As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 13 de marzo (incluído) e deberán vir acompañadas das fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar). O alumnado seleccionarase por rigurosa orde de inscrición, e só se poderán solicitar dous cursos como máximo. A relación de cursos ofertados (todos de carácter gratuito) é a seguinte: Ámbito interprofesional: -Prevención de riscos laboráis. -Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos. -Curso preparatorio para o obtención do permiso BTP. -Conversación en inglés. Ámbito interprofesional de innovación e emprendemento: -Falemos de negocios” con marketing nas redes sociais e posta en marcha de negocio on-line. Ámbito de iniciación profesional: -Fontanería básica. -Cociña básica para hostalería. -Peixeiro/a.
Descarga de archivos
Relación de cursos ofertados
Tamaño:89,03 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal