Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
2ª PRANTACIÓN DE ÁRBORES NA PRAZA CLARA CAMPOAMOR DE A GÁNDARA
Realizada por alumnos/as do Colexio Santiago Apóstol e promovida polo grupo Masaveu, propietario da fábrica de cemento de Narón.
Narón, 10 de Marzo de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado polo Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o Concelleiro de Parques e Xardíns, Pablo Mauriz, participaron hoxe na 5ª plantación de árbores promovida pola Corporación Masaveu –propietaria da fábrica de cemento de Narón-, cuxos representantes tamén acudiron hoxe a Narón. En total foron plantados 25 árbores na praza Clara Campoamor (A Gándara), onde xa se realizou outra plantación similar o ano pasado. En ocasións anteriores (entre o 2012 e o 2014) os árbores foron plantados no exterior da Fábrica de Cemento, situada no polígono de Río do Pozo. Os encargados de levar a cabo esta tarefa foron alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria do Colexio Santiago Apóstol, dentro da campaña de sensibilización medioambiental promovida polo grupo Masaveu. O acondicionamento da praza Clara Campoamor completarase nos vindeiros meses cunha inversión de 10.000 € da Concellería de Servizos, destinados a adecentar e dar continuidade á zona verde situada entre a estrada do Pabellon e a rúa Cataluña, tal e como indicou o edil da área, Pablo Mauriz.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal