Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PROGRAMA ACTIVIDADES CULTURAIS E LÚDICAS PARA POTENCIAR O ENTORNO DO MOSTEIRO DO COUTO
O CONCELLO PROGRAMA ACTIVIDADES CULTURAIS E LÚDICAS PARA POTENCIAR O ENTORNO DO MOSTEIRO DO COUTO
O programa 'Noite no Mosteiro' desenvólvese os días 21 e 22 de marzo, con música de cámara, iluminación do mosteiro e mercado medieval.
Narón, 13 de Marzo de 2015.- As Concelleiras de Turismo e Festas de Narón, María Rodríguez Porto e Mar Gómez, veñen de presentar o programa “Noite no Mosteiro” que se desenvolverá os días 21 e 22 de marzo no entorno do Mosteiro do Couto.

As actividades xirarán en torno a tres propostas:

-Mercado medieval (con postos de artesanía)
-Concerto de cámara a cargo do grupo 'Musgalia'
-Iluminación nocturna do mosteiro

O Mercado medieval estará ambientado na Idade Media, e abrirá os dous días (sábado e domingo) en horario de 10:30 a 13:00 horas e de 16:30 a 00:00 horas. Haberá postos de artesanía, alimentación e bebidas non industriais, e os interesados en participar poderán presentar a correspondente solicitude a través da páxina web de Turismo (www.turnaron.es) ou ben descargala e enviala a algún destes correos electrónicos: turismo@turnaron.es ou elena@eventi.es. A inscrición é gratuita.

A actividade principal desta “Noite no Mosteiro” desenvolverase o sábado 21 de marzo, a partires das 21:00 horas. Nese horario e ata a madrugada, celebrarase un concerto de Música de Cámara no interior do Mosteiro, con entrada libre. Ó mesmo tempo, sobre a súa fachada realizarase unha iluminación en cores e proxectaranse imaxes.

Na xornada do domingo, continuará aberto o Mercado medieval e se poderá visitar o interior do Mosteiro do Couto. As Concelleiras de Turismo e Festas convidaron a tódolos veciños/as de Narón e comarca a achegarse ata este lugar e disfrutar da “Noite no Mosteiro”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal