Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ AS I XORNADAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE
O AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ AS I XORNADAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE
Se celebran os días 27 e 28 de marzo, abertas a profesionais e á cidadanía en xeral, e con entrada libre.
Narón, 23 de Marzo de 2015.- O Concelleiro de Sanidade de Narón, Manuel Ramos, e o médico do Centro de Saúde de Narón, Carlos Piñeiro, presentaron hoxe en rolda de prensa as I Xornadas de Promoción da Saúde “Por unha cultura do movemento en Galicia”. Trátase dun proxecto coordinado por Carlos Piñeiro e que servirá de antesala para poñer en marcha o Proxecto NCA (Narón Cidade Activa 2015-2020).

Estas xornadas baséanse na Guía de Implementación da Promoción da Actividade Física e Saúde, aprobada a principios do ano 2015 polo Ministerio de Sanidade. A través das mesmas, tratarase de crear un espazo de intercambio de experiencias relacionadas coa actividade física e a saúde, mediante un espazo de reflexión dirixido ós profesionais da saúde, da actividade física, educadores, corporacións locais, movemento asociativo e cidadanía en xeral. Se desenvolverán os días 27 e 28 de marzo no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, con entrada libre.

Os obxectivos destas xornadas son os seguintes:

-Coñecer as experiencias e programas que se están desenvolvendo nos distintos ámbitos (educativo, sanitario, social e comunitario) nos diferentes concellos.
-Promover unha cultura do Movemento que mellore a información e o coñecemento dos beneficios que sobre a saúde ten a práctica habitual do exercicio e da actividade física.
-Promover a cultura da actividade física entre a infancia, mulleres e xóvenes, sobre todo como unha actividade física lúdica e saudable.
-Estimular a organización de actividades que promovan o estilo de vida saudable tendo en conta especialmente a poboación máis vulnerable.
-Aumentar a comunicación e coordinación entre as distintas entidades (locais, educativas, sociais e sanitarias) para un maior coñecemento das experiencias e programas de actividade física no seu entorno.
-Aumentar a creación e adaptación do entorno que favoreza o estilo de vida saudable, destacando o transporte activo e estimulando unha cultura do movemento en Galicia.


A organización destas xornadas corre a cargo do Concello de Narón, o Centro de Saúde de Narón, a Área Sanitaria de Ferrol, a Xunta de Galicia, o Centro de Formación e Recursos de Ferrol, o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia e a Dirección Xeral de Innovación e Saúde Pública.

Ademáis, cóntase coa colaboración de: Ministerio de Sanidade e Consumo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego, Escola de Fisioterapia de A Coruña, Area Sanitaria de Ferrol, ALCER Ferrol (Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril), AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón), Asociación de Diabéticos de Ferrolterra, e Asociación BBTTA.

As Xornadas serán inauguradas o venres 27 de marzo ás 11:00 horas polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco. Contarase coa asistencia de Jorge Suanzes (subdirector xeral de Programas de fomento de Estilos de Vida Saudables da Xunta de Galicia), Manuel Corredoira (representante da Dirección Xeral de Educación da Xunta de Galicia), Xavier Rico (xerente da Fundación do Deporte Galego), Angel Facio (representante da Xerencia Integrada da Area Sanitaria de Ferrol), e Begoña Merino (Xefa da Área de Promoción da Saúde do Ministerio de Sanidade).


Descarga de archivos
Programa das i Xornadas de Promoción da SaúdeTamaño: 4,64 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal