Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE OS RISCOS DA INVASIÓN DA VESPA VELUTINA
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE OS RISCOS DA INVASIÓN DA VESPA VELUTINA
As charlas levaranse a cabo en tódalas parroquias de Narón. Ademáis, promóvese un curso sobre técnicas de apicultura sostible
Narón, 30 de Marzo de 2015.- O Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o responsable da Asociación Galega de Apicultura (AGA) en Ferrolterra, Rafael Díaz, presentaron hoxe en rolda de prensa a campaña informativa “Stop Vespa Velutina. Enemiga do Medio Ambiente” que se desenvolverá en tódalas parroquias de Narón, coa finalidade de dar a coñecer os riscos que conleva esta perigosa especie invasora para a natureza e para as persoas.

A primeira charla terá lugar o sábado 4 de abril ás 19:00 horas no Local Social Municipal de O Val, e na mesma se proxectará un reportaxe audiovisual sobre a Vespa Velutina, a continuación celebrarase unha charla divulgativa e para finalizar se impartirá un obradoiro de elaboración de trampas.

Esta campaña informativa está promovida pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Narón, en colaboración con AGA. A través da mesma preténdese concienciar á veciñanza sobre a dimensión do problema da Vespa Asiática, que está causando danos ós apicultores, madereiros e froiteiros, e tamén representa un perigo para a poboación en xeral e para o medio ambiente.

A Vespa Asiática é unha especie invasora moi perigosa para o equilibrio do ecosistema. No ano 2014 constatouse a súa presenza en varios puntos de Narón, e polo momento hai poucas medidas efectivas para frear o seu avance. As únicas son a destrución de niños e a captura de raíñas mediante trampas, nos meses de febreiro e de maio, que é cando saen da hibernación e crean novas colonias.

Esta especie causa enormes danos coma os seguintes:
-Reduce drásticamente a biodiversidade dos ecosistemas.
-Importantes perxuicios económicos nos sectores apícola e frutícola (a dieta da vespa está composta por insectos e froita).
-Na seguridade cidadá (a vespa ataca en grupo cando nota movemento arredor do seu niño).
-Nos traballos forestais (os maderistas teñen que tomar moitas precaucións posto que a vespa velutina construie o seu niño nas partes altas das árbores).

Ademáis destas xornadas informativas sobre a Vespa Velutina, o Concello de Narón e a Asociación Galega de Apicultura organizan un Curso de Iniciación ás Técnicas de Apicultura Natural Sostible, co obxectivo de formar a novos pastores de abellas para que sexan capaces de levar axeitadamente un colmear familiar. Este curso terá unha duración total de 60 horas (20 teóricas e 40 prácticas) e iniciarase o sábado 11 de abril (de 10:00 a 14:00 horas) no Local Social Municipal de Sedes.

Non hai límite de prazas, e a matrícula do curso é gratuita. Os interesados poden formalizar a inscrición no enderezo dagaferrol@hotmail.com ou chamando ó teléfono 661 378 960.

A parte teórica deste curso desenvolverase no Local Social Municipal de Sedes, e as prácticas no colmear didáctico situado no Monte Esperón (Sedes). O programa do curso de técnicas de apicultura sostible divídese en 4 bloques:

-Importancia das abellas. Parte teórica: o ciclo biolóxico das abellas, o enxame, a colmea e o panal. Os abelleiros. Instalación do apiario. Parte práctica: visita a un apiario e inspección de colmeas.

-Reproducción do apiario. Parte teórica: os individuos da colmea. Nocións de selección, Multiplicación do apiario, colocación das alzas para a colleita de mel, e calendario de traballos. Parte práctica: visitas a apiarios e prácticas de selección e reproducción.

-Saúde das abellas. Parte teórica: a saúde das abellas e o medio ambiente. Sanidade apícola. Prevención de doenzas. Enfermidades da cría e dos adultos. Control de enfermidades e desinfección. Prácticas: visita a apiarios e identificación e control de doenzas.

-Elaboración e comercialización de produtos apícolas. Parte teórica: a esmelga. Os distintos produtos das abellas. A cera, reciclado. A comercialización asociativa e produción primaria. Prácticas: visita a un local de extracción do mel.

O curso finalizará aproximadamente a finais de setembro ou principios de outubro de 2015.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal