Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A VI FEIRA DA MAQUINARIA AGRÍCOLA E MULTISECTORIAL CELÉBRASE OS DÍAS 11 E 12 DE ABRIL NO RECINTO FEIRAL DO TRECE
Está prevista a presenza de 38 expositores neste evento, con entrada de balde. Tamén haberá unha zona exterior con xoguetes agrícolas.
Narón, 7 de Abril de 2015.- A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe a VI Feira da Maquinaria Agrícola, Xardinería, Horta e Árbores Froiteiras, Ornamentais e Multisectorial, que se celebrará os días 11 e 12 de abril no Recinto Feiral do Trece. Está confirmada a participación de 38 expositores nesta feira adicada á agricultura, ó campo e ó seu estilo de vida, nos seguintes sectores: Agrícola -Maquinaria pesada: tractores e outras máquinas profesionais. -Maquinaria de xardín: para os que necesitan maquinaria pequena para o cuidado da súa finca (cortacésped, motosoerra…) -Prantas: tanto para a horta coma ornamentais. -Venta de polos vivos e pienso para animais. -Limpeza de montes e fincas. Alimentación -Produtos tradicionais (pan, embutidos, froitas e verduras, vinos e licores…) -Produtos de moda (ajo negro, herbas…) -Produtos ecolóxicos (améndoas, chocolate e rosquillas) Artesanía -Vidro soprado e cestería. -Artesanía moderna: patchword, artesanía india, punto de bebé feito a man, complementos… Outras empresas -Seguros agrícolas (seguros de granxas, tractores e casas rurais) -Vehículos todo terreno Nesta edición da Feira Agrícola, incorpóranse dúas novidades. Por un lado, haberá unha zona de 300 m2 adicada a xoguetes agrícolas tales como granxas de madeira en miniatura ou tractores pequenos (nos que os nenos se poderán montar). Ademáis, tanto o sábado coma o domingo se desenvolverá (ás 12:00 e ás 17:00 horas) a actividade “Creamos un mini-huerto” na que se trasplantarán brotes de pementos, leitugas, cebolas… a un pequeno horto que se acondicionará con contenedores reciclados. Así os pequenos da casa aprenderán de onde veñen as verduras que comen e cómo se cultivan, e ó mesmo tempo se lles inculcará a cultura do reciclaxe e o cuidado do medio natural. Para finalizar, o domingo haberá sesión vermut ás 13:00 horas na carpa-bar que se acondicionará na explanada situada fronte á nave principal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal