Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HOMENAXEA A CARMEN ROMERO NO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
Celebrouse unha recepción institucional e a continuación realizouse a tradicional solta de globos cos colores da bandeira xitana.
Narón, 8 de Abril de 2015.- O Concello de Narón acolleu hoxe os actos conmemorativos do Día Internacional do Pobo Xitano, que se celebra nesta xornada. A Corporación Municipal de Narón decidiu por vez primeira homenaxear a unha persoa destacada pola súa traxectoria persoal, sendo a elexida Carmen Romero Salazar. Tal e como indicou a edil de Acción Social de Narón, Catalina García, actualmente neste municipio o Concello de Narón está a atender a 272 persoas de etnia xitana distribuidas en diferentes parroquias, das cales un centenar son nenos/as. Con este colectivo se traballa en distintas áreas, sendo o ensino e a vivenda as principais liñas de actuación. E precisamente un exemplo a destacar entre todas estas persoas é o de Carmen Romero Salazar, pola súa loita diaria por coidar da familia (con fillos, netos e ascendentes ó seu cargo) e tamén polas súas ganas de seguir adquirindo coñecementos e de integrarse plenamente na sociedade. “Carmen é un exemplo de que as persoas debemos ser tratadas con respeto, educación e igualdade” sinalou Catalina García. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recordou que “Narón xa tiña tradición de celebrar o día do pobo xitano pero quixemos dar un paso máis e homenaxear a unha persoa anónima, que sirve de exemplo para as demais porque á súa idade aínda segue preparándose e estudiando, e iso é o que queremos recoñecer hoxe aquí” sinalou o rexedor durante a recepción institucional na Alcaldía, na que se lle entregou un ramo de flores e diversos obsequios institucionais. A continuación, os representantes municipais acompañados por integrantes do pobo xitano e da asociación Secretariado Xitano desprazáronse ata a Praza de Galicia, onde deuse lectura ó Manifesto do Pobo Xitano e se procedeu á tradicional solta dos globos cos cores da bandeira xitana: vermello, verde e azul.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal