Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA RUTA TURÍSTICA A PÉ POLOS LUGARES MÁIS EMBLEMÁTICOS DE NARÓN
A inscrición é gratuita e pode realizarse ata o 23 de abril na páxina web www.turnaron.es
Narón, 9 de Abril de 2015.- A Concellería de Turismo de Narón, dirixida pola edil María Rodríguez Porto, ven de abrir o prazo de inscrición para participar na “Ruta N 50”. Os interesados poden anotarse na páxina web de Turismo (www.turnaron.es) e a inscrición é gratuita. O prazo finaliza o día 23 de abril. O obxectivo desta iniciativa é percorrer a pé unha ruta de 50 kilómetros que discorre por tódalas parroquias de Narón, dando así a coñecer o patrimonio e a historia deste municipio. Os participantes percorrerán os espazos máis emblemáticos de Narón, tales coma o Mosteiro do Couto, o paseo marítimo de Xuvia, a Presa do Rei, o Muíño de Pedroso, o Pazo Libunca, ou a Capela de Santa Margarida. A ruta se levará a cabo en dúas etapas, os días 25 e 26 de abril, sendo obrigatorio levar chaleco reflectante.Os participantes que completen a ruta, recibirán un diploma acreditativo. O programa da Ruta N 50 é o seguinte: Sábado 25 de abril -9:00 horas: saída dende o Pavillón da Gándara -Puntos de control: A Magnolia de Xuvia, e o Local da Asociación A Pombiña. -16:30 horas: chegada ó Local Social de San Xiao (regreso en autobús ata o Pavillón da Gándara) A duración aproximada desta etapa é de 7 horas e 30 minutos, e a lonxitude é de 27 kilómetros aproximadamente. Domingo 26 de abril -9:00 horas: saída dende o Pavillón da Gándara ata o Local Social de San Xiao en autobús. -Puntos de control: Cooperativa de O Val, e Campo de Fútbol de O Cadaval. -15:00 horas: chegada ó Pavillón da Gándara A duración aproximada de esta etapa é de 6 horas, e a lonxitude é de 23 kilómetros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal