Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PARTICIPACIÓN CIDADÁ FAI UN CHAMAMENTO ÁS ASOCIACIÓNS DE NARÓN PARA ACTUALIZAR OS SEUS DATOS NO CONCELLO
PARTICIPACIÓN CIDADÁ FAI UN CHAMAMENTO ÁS ASOCIACIÓNS DE NARÓN PARA ACTUALIZAR OS SEUS DATOS NO CONCELLO
A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida Rico, fai un chamamento ás asociacións do municipio que aínda non recibiron ou non actualizaron os seus datos no rexistro municipal de asociación, para que se poñan en contacto co Concello.
NARON, 8 de Novembro de 2007.- Segundo explicou a Edil, moitas das cartas que se enviaron ás agrupacións de Narón están a chegar de volta ó Concello, por causas descoñecidas. “Ata o momento, xa recibimos 42 cartas, e aínda van a seguir chegando máis”, explicou a Concelleira. Por este motivo, Natalia Hermida propón a tódalas asociacións ás que non chegou a documentación “que se poñan en contacto coa Concellería de Participación Cidadá, co fin de pór ó día a súa información”.

Hermida explicou que no mes de Outubro enviáronse 205 notificacións por correo e repartíronse outras 40 cartas en mano. Do total de avisos, o Concello xa recibiu a resposta de 30 asociacións, que actualizaron os seus datos no departamento de Estatística a partires da documentación aportada pola Concellaría de Participación Cidadá. Non obstante, a Edil quere que o proceso de actualización dos datos poida chegar a tódalas agrupacións veciñais, culturais, de maiores, deportivas, xuvenis, empresariais e ANPAS de Narón.

Dende a Concellería de Participación Cidadá xa se mantivo un primeiro encontro con organización veciñais, de maiores, xuvenís e culturais, no que se lles explicou o proceso a seguir para pór ó día os seus datos administrativos. Aquelas agrupacións que o desexen poden contactar coa Concelleira Natalia Hermida no horario de atención ó público, os martes de 11 a 13 horas na 3ª planta do Concello, ou ben chamando por teléfono ó Consistorio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal