Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PLANTACIÓN DUN CENTENAR DE ÁRBORES NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Escolares do CRA de Narón e do CEIP Ponte de Xuvia colaboraron co Concello de Narón e coa asociación xuvenil Croio nesta iniciativa de carácter lúdico e medioambiental.
Narón, 13 de Abril de 2015.- O Concello de Narón, en colaboración coa asociación xuvenil Croio, promoveu o pasado sábado día 11 de abril unha plantación de árbores ó longo do paseo marítimo de Xuvia. Esta actividade forma parte do convenio de colaboración que manteñen ambas partes, e na mesma participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, membros de Croio e alumnos/as do CRA de Domirón (de 3º de Infantil) e do CEIP Ponte de Xuvia (de 5º de Primaria). En total, foron plantados 102 árbores das seguintes especies: -Liquidambar. -Bidueiros. -Serbal de los cazadores. -Castiñeiros. -Carballos. -Loureiro portugués. -Callistemo. -Magnolias (de flor e grandifloras). Logo de finalizar a plantación, os participantes reuníronse entorno ó Magnolio centenario de Xuvia para inmortalizar o momento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal