Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE DE NARÓN CONSTATA UNHA REDUCIÓN DOS DELITOS NUN 7% NO ANO 2014
A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE DE NARÓN CONSTATA UNHA REDUCIÓN DOS DELITOS NUN 7% NO ANO 2014
Os representantes públicos reuníronse coas forzas e corpos de seguridade do Estado para analizar os datos sobre seguridade cidadá.
Narón, 15 de Abril de 2015.- O Concello de Narón acolleu hoxe a 4ª Xunta Local de Seguridade que se celebra nesta lexislatura, que estivo presidida polo Subdelegado do Goberno en Galicia, Jorge Atán, e polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.

Asistiron tamén Eva Vázquez Castelo (Vicesecretaria Xeral da Delegación do Goberno en Galicia), Antonio Nieto (Representante autonómico), Angel Casanova (Comisario da Comisaría de Ferrol-Narón), Eduardo Pita (Xefe da Policía Local de Narón), Francisco López Dopico (Teniente Xefe do Destacamento de Tráfico da Guardia Civil)e os concelleiros Guillermo Sánchez Fojo (edil de Seguridade Cidadá), Manuel Pigueras (PP), Catalina García (PSOE) e María Rodríguez Porto (Grupo Mixto). O Secretario Xeral do Concello de Narón, Alfonso de Prado, actuou de secretario da Xunta Local de Seguridade.

No transcurso desta xuntanza, fíxose un balance da situación en materia de seguridade cidadá en Narón, dentro do cal se constatou un descenso do 7% dos delitos e dun 3% das infraccións penais (delitos e faltas) no ano 2014, con respecto ó ano anterior.

Esta redución é especialmente significativa no relativo ós roubos con violencia e intimidación, nos roubos con forza e nos delitos contra o patrimonio. En concreto, constatouse un descenso do 40% dos roubos en vivendas no ano pasado.

Ademais, esta tendencia se mantivo no primeiro trimestre do 2015, cun descenso do 10% do conxunto de delitos.

Dentro da orde do día da Xunta Local de Seguridade, hoxe tamén se deu conta do acordo da Comisión Autonómica de Seguridade Vial en relación á delimitación das zonas e áreas de actuación dos corpos da Garda Civil e Policía Local de Narón, en materia de tráfico. Asimesmo, deuse conta das actas das sesións celebradas pola Comisión de Coordinación Policial en materia de Seguridade Cidadá de Narón, que se reúne regularmente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal