Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO PROMOVE UNHA FEIRA DO LIBRO USADO E DIFERENTES OBRADOIROS PARA CELEBRAR O 23 DE ABRIL
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO PROMOVE UNHA FEIRA DO LIBRO USADO E DIFERENTES OBRADOIROS PARA CELEBRAR O 23 DE ABRIL
A feira desenvolverase do 20 ó 24 de abril en horario de tarde. Nesa mesma semana haberá obradoiros de Manualidades, Fotoconto e Scrapbooking.

Narón, 15 de Abril de 2015.- A Concellería de Ensino e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de ultimar o programa de actividades da Biblioteca Municipal do Alto, deseñadas para conmemorar o Día do Libro (23 de abril). Dentro desta programación inclúense unha Feira-Mostra do libro usado e de segunda man e diferentes obradoiros, para cuxa participación será precisa a inscrición previa.

A feira desenvolverase todas as tardes entre o luns 20 e o venres 24 de abril, en horario de 17:00 a 20:00 horas. As actividades dentro desa mesma semana complétanse cun Obradoiro de Scrapbooking para adultos/as (mércores 22 de 17:30 a 20:30 horas), un Obradoiro Infantil de manualidades con libros reciclados (xoves 23 de abril de 18:00 a 19:30 horas) e un Obradoiro infantil creativo ‘Fotoconto’, no que os nenos/as participantes realizarán o seu propio conto e o ilustrarán coas súas propias imaxes. O resultado será un libro feito por eles mesmos que se colgará na web da Biblioteca e se imprimirá para a súa consulta en sala.

Para participar nas actividades do programa Biblioespazo 2015 é preciso ter o carné da Biblioteca e reservar praza previamente. As listas para as reservas ábrense sempre uns días antes da celebración das actividades, e nalgúns casos complétanse no mesmo día.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal