Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O AUDITORIO ACOLLE A MOSTRA DE TEATRO INFANTIL NA QUE PARTICIPAN 4.000 ESCOLARES
O AUDITORIO ACOLLE A MOSTRA DE TEATRO INFANTIL NA QUE PARTICIPAN 4.000 ESCOLARES
Alumnos de tódolos colexios e institutos de Narón pasarán durante este mes polo Auditorio, como espectadores de excepción. Ademáis, por vez primeira, a Mostra de Teatro levarase ás garderías públicas para os pequenos de entre 6 meses e 3 anos.
Martes, 13 de Novembro de 2007.-A Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, presentou onte en rolda de prensa unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil, que ven organizando o Padroado de Cultura de Narón dende o ano 1981. A principal novidade de este ano é a participación dos nenos de 6 meses a 3 anos de idade nas representacións teatrais, para o que as compañías desprazaranse ata as escolas infantiles municipais situadas en Piñeiros e A Solaina.

Segundo explicou a concelleira, en total participarán perto de 4.000 nenos dos colexios de A Gándara, A Solaina, Virxe do Mar, Ayala, Santiago Apóstol, O Feal, Ponte de Xuvia, Piñeiros, C.R.A., e Jorge Juan. Tamén asistirán os estudiantes dos institutos de As Telleiras e Terra de Trasancos. Además, están convidados outros 300 escolares dos colexios O Ramo, de Barallobre (Fene), A Xunqueira (Fene), Nicolás del Río (Cedeira), e Luis Vives (Pontedeume). A Mostra se prolongará ata o día 29 de Novembro e conta cun orzamento cercano ós 50.000 euros, tal e como apuntou Manuela Pérez Sequeiros.

“Esta é a Mostra máis grande de Galicia, na que participan tódolos centros públicos e concertados de Narón”, engadíu a Edíl. En total haberá 24 representacións, a cargo das seguintes compañías teatrais: Artello Teatro, PTV Clowns, Pikor Teatro, Teatro Paraíso, Fantasía en Negro, Teloncillo, e Achiperre Teatro.

O responsable do Padroado de Cultura, Luciano Fernández, señalou hoxe na rolda de prensa que tódalas pezas teatrais van acompañadas dunha unidade didáctica, co fin de facer reflexionar ós escolares sobre a temática de cada unha das obras.

Para transportar a tódolos estudiantes dende os seus centros ata o Auditorio do Alto, haberá 11 autobuses que partirán a diario dos distintos colexios e institutos que participan nesta edición da Mostra de Teatro Infantil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal