Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ROMARÍA DA VIRXE DA O CELÉBRASE O DOMINGO 10 DE MAIO
Os romeiros partirán do Mosteiro do Couto a pé, e peregrinarán á Capela da Virxe da O.
Narón, 30 de Abril de 2015.- A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, ven de informar sobre o programa de actos para celebrar a Romaría da Virxe da O 2015. As actividades desenvolveranse entre o sábado 2 de maio e o domingo 10 de maio, data de celebración da Romaría. O sábado 2 de maio ás 20:00 horas no local da Sociedade Cultural e Recreativa (SCR) A Pombiña levarase a cabo a actuación do grupo de teatro de A Pombiña, seguida do grupo de Gaitas e do grupo de Baile do Padroado da Cultura de Narón. A continuación, darase por inaugurada a exposición fotográfica “Pedroso e a súa xente no século XX”. Os asistentes compartirán un ágape ó finalizar. Ó día seguinte, domingo 3 de maio terá lugar ás 17:00 horas o tradicional Obradoiro de roscos de pan, e elaboración de bolas na sartén. Entorno ás 19:30 horas actuará o dúo “Suso”. O luns 4 de maio se celebrará unha ruta ciclo-turista con nenos/as de Narón e San Sadurniño, que sairá dende este último municipio con destino á Capela da Virxe da O. E xa o propio día da Romaría, domingo 10 de maio, as actividades comenzarán ás 9:00 da mañá coa Peregrinación á Capela da Romaría da O, saíndo dende o Mosteiro do Couto e pasando polo Camiño Inglés ata Xuvia (percorrendo a beira do Río Xuvia). Entregarase acreditación e unha pañoleta identificativa ó romeiro. Os horarios para selar as acreditacións serán dous: no Mosteiro do Couto (como punto de saída de 9:00 a 10:00) e na caseta situada ó pé da Capela da Virxe da O (como punto de chegada, de 13:00 a 14:00 horas). Ás 12:30 horas dende o local da SCR A Pombiña sairá a procesión cos estandartes dos roscos e o burro Anselmo ata a Capela, acompañados polos gaiteiros. Ás 13:30 horas se celebrará unha misa solemne e procesión relixiosa ó redor da Capela. Haberá misas cada hora dende as 9:00 da mañá. A subasta de roscos de pan iniciarase ás 14:30 horas, e seguidamente terá lugar a sesión vermú que estará amenizada polo grupo Samba. A organización acondicionará unha carpa onde se poderá xantar (ofrecerase churrasco ó prezo de 14€ adultos e 8€ nenos/as). Para reservar poderase contactar coa Comisión de Festas no teléfono 669 009 490 ou comprar directamente os tickets na caseta da Romaría dende as 12:00 horas. Pola tarde, ás 17:30 horas se entregarán os premios á merenda máis orixinal e a continuación se dará inicio ós Xogos Tradicionais da Romaría da O. Tamén se realizará un bautismo de Aeromodelismo. Para finalizar, ás 19:30 horas se entregarán os premios ós gañadores dos Xogos Tradicionais da Romaría da o 2015. Este programa de actos está organizado polo Concello de Narón en colaboración coa SCR A Pombiña, a Asociación de Veciños da O, a Comisión de Festas da Romaría da O, os veciños de Pedroso e o equipo de Educación Vial Municipal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal