Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ENCHEUSE DE ESCOLARES PARA CELEBRAR A 8ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ENCHEUSE DE ESCOLARES PARA CELEBRAR A 8ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR
Máis dun millar de estudiantes de Primaria de tódolos colexios de Narón acudiron a esta cita promovida polo Concello.
Narón, 8 de Maio de 2015.- O paseo marítimo de Xuvia acolleu hoxe a meta da 8ª Marcha Ciclista Escolar, organizada polo equipo de Educación Vial Municipal do Concello de Narón, en colaboración coa Policía Local, Protección Civil, asociacións ciclistas e firmas comerciais, e profesorado e ANPAS de 11 colexios de Narón e Neda.

O evento partiu das inmediacións do Pazo da Cultura, percorreu a Estrada de Castela e chegou ata o paseo de Xuvia, onde os escolares compartiron unha merenda e un rato de convivencia. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, saudou á mocidade e os animou a continuar participando nesta iniciativa deportiva e de seguridade viaria, que reuniu no paseo marítimo a 1.200 escolares.

Cabe recordar que Narón ten celebrado esta Marcha Ciclista dende os últimos oito anos, dentro do programa de Educación Vial que se desenvolve nos centros de ensino.

Nesta ocasión, contouse coa participación de alumn@s de 3º a 6º de Educación Primaria dos colexios de A Solaina, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, O Feal, A Gándara, Piñeiros, Jorge Juan, Ayala e Maciñeira (Neda) e usuarios de Educación Especial da Asociación Nosa Señora de Chamorro. Tamén participaron dous nenos con mobilidade reducida grazas á doazón de bicicletas de tres rodas (cedidas por Rosa López Losada, da Asociación ASCM).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal