Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA DE NARÓN ACOLLEU A CELEBRACIÓN DA CARREIRA POLA LINGUA 'CORRELINGUA 2015'
O PAZO DA CULTURA DE NARÓN ACOLLEU A CELEBRACIÓN DA CARREIRA POLA LINGUA 'CORRELINGUA 2015'
Asistiron un total de 945 alumnos/as de Infantil e Primaria da comarca.
Narón, 7 de Maio de 2015.- O entorno do Pazo da Cultura de Narón acolleu esta mañá a celebración da carreira pola lingua ‘Correlingua 2015’ na que tomaron parte un total de 945 estudantes de Educación Infantil e Primaria de 11 colexios da comarca. A relación de centros participantes foi a seguinte:

Fene
-CEIP Centieiras
-CEIP Os Casais
Ferrol
-CEE T. Ferrol
-CEIP Recimil
-CEIP Esteiro
-CEIP Isaac Peral
Narón
-CRA Narón
-CEIP A Solaina
-CEIP Piñeiros
-CEIP Virxe do Mar
Neda
-CEIP Maciñeira

O programa desenvolveuse a partires das 9:45 horas, coa chegada dos escolares en autobuses e a realización dunha carreira simbólica no exterior do Pazo. A continuación procedeuse á lectura dun Manifesto pola lingua e se levaron a cabo varias actuacións no interior do auditorio. Un grupo da Escola de Actores e Actrices de Narón encargouse de desenvolver unha sesión de contacontos, e o cantante Paco Nogueiras puxo a nota musical ó evento. O presentador do acto foi Xurxo Souto, membro dos Diplomáticos de Montealto.

O Correlingua 2015 estivo organizado pola agrupación de CIG-Ensino, a Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística. O Concello de Narón colaborou sufragando o transporte dos alumnos/as e profesores dos 4 colexios de Narón que participaron neste programa. A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada, estivo presente na gala, manifestando así o seu apoio a este evento.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal