Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE ASINA TRES CONVENIOS PARA APOIAR A PRÁCTICA DO BALONCESTO, O BALONMÁN E O KÁRATE EN TÓDALAS CATEGORÍAS
O ALCALDE ASINA TRES CONVENIOS PARA APOIAR A PRÁCTICA DO BALONCESTO, O BALONMÁN E O KÁRATE EN TÓDALAS CATEGORÍAS
O Concello achegará un total de 47.000 euros para financiar estas actividades deportivas.
Narón, 13 de Maio de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración en materia deportiva cos presidentes da Agrupación Deportiva Santiago Apóstol (Juan Manuel Pérez), o Club Balonmán Narón (José Oreona) e a Escola Superior de Kárate de Narón (Gustavo Vázquez). Na firma dos acordos tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida.

En base a estes convenios (vixentes ata o 31 de decembro de 2015) os clubs comprométense ó fomento e á práctica destas disciplinas deportivas dende a Base ata as categorías Senior. O Concello destinará para tal fin as seguintes aportacións económicas:

-Agrupación Deportiva Santiago Apóstol (Baloncesto): 30.000€
-Club Balonmán Narón: 8.000€
-Escola Superior de Kárate de Narón: 9.000€

Estes clubs están a obter destacados resultados na presente temporada deportiva, entre os cales hoxe os seus presidentes destacaron:

-Baloncesto: as categorías Junior e Infantil xogarán para ascender á Liga Galega e o equipo Senior de EBA quedou Campión da Copa Galicia, e 3º na Liga Galega.

-Balonmán: consolidouse o equipo Senior, chegando á final da Copa Federación. O equipo Cadete conseguiu unha boa actuación na Liga e chegou á final da Copa Federación. O vindeiro ano, ademáis, formarase o equipo Infantil feminino.

-Kárate: varios podiums de Infantil a Senior nas competicións autonómicas, e participantes en tódalas categorías nos Campionatos de España.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal