Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA VERÁN 2015
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA VERÁN 2015
Os interesados poden cubrir a solicitude no apartado 'Servizos e actividades municipais' e presentala no Rexistro do Concello, ata o 29 de maio.
Narón, 15 de Maio de 2015.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, abrirá o luns 18 de maio o prazo de inscrición para participar no programa ConciliaEscola Verán 2015. Os interesados poderán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello (en horario de 8:30 a 13:00 horas) ata o día 29 de maio.

Os destinatarios deste programa son nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos de idade, tendo prioridade as familias nas seguintes circunstancias:

-Empadroados/as no Concello de Narón, e que traballen pai, nai, custodio/a, ou titor/a.
-Empadroados/as no Concello de Narón, e que só un dos proxenitores (pai, nai, custodio/a, ou titor/a) traballen.
-Empadroados/as no Concello de Narón, sen ocupación do pai/nai/custodio/a ou titor/a.
-Non empadroados/as no Concello de Narón, coa mesma orde de preferencia sinalada nos apartados anteriores, en función do traballo.

O Concello habilitará un máximo de 105 prazas, divididas en seis quendas:

-Do 22 ó 26 de xuño
-Do 29 de xuño ó 3 de xullo
-Do 6 ó 10 de xullo
-Do 13 ó 17 de xullo
-Do 20 ó 24 de xullo
-Do 27 ó 31 de xullo

O programa inclúe transporte e desenvolverase en horario de mañá na área medioambiental do Río Xuvia (Pedroso). Os participantes levarán a cabo as seguintes actividades educativas: Obradoiros de cociña, Aula de natureza, e obradoiros deportivos e de aire libre.

Os obxectivos do programa ConciliaEscola Verán son ofrecer servizos para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e habilitar recursos para garantir o dereito de acceso á igualdade de oportunidades ás mulleres en risco de exclusión social e dos menores ó seu cargo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal