Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA REALIZAN UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE OS PERIGOS DA VESPA VELUTINA
As charlas se levarán a cabo en Doso, San Xiao, Castro, A Gándara e San Mateo. Consulte aquí o calendario.
Narón, 22 de Maio de 2015.- A Concellería de Medio Ambiente de Narón, dirixida polo edil Manuel Ramos, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA) levará a cabo a partires da vindeira semana unha Campaña informativa e de sensibilización sobre os riscos que conleva a invasión da vespa velutina. As charlas, de carácter gratuito, se celebrarán en diferentes barrios e parroquias de Narón, atendendo ó seguinte calendario: -Luns 25 de maio: Local Social Municipal de Doso (ás 17:30 horas) -Mércores 27 de maio: Local Social de San Xiao (ás 19:30 horas) -Venres 29 de maio: Local Social de Castro (ás 19:00 horas) -Luns 1 de xuño: Local Social de A Gándara (ás 19:00 horas) -Venres 5 de xuño: Local Social de San Mateo (ás 18:30 horas) Este programa pretende concienciar á poboación sobre o perigo da vespa asiática, que está causando moitos problemas ós apicultores, madereiros e froiteiros, e tamén representa un perigo para a poboación en xeral e para o medio ambiente. Nestas charlas daranse a coñecer os riscos que conleva a súa presenza e se pedirá a implicación da veciñanza para localizar e avisar da presenza de niños de vespas asiáticas. No ano 2014 constatouse a súa presencia en varios puntos do municipio e polo momento, hai poucas medidas efetivas para deter seu avance. As únicas son a destrución de niños e a captura de raíñas mediante trampas nos meses de febreiro e maio, cando saen da invernación para crear novas colonias.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal