Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO APROBA O REPARTO DE DELEGACIÓNS ENTRE O EQUIPO DE GOBERNO
Os dez edís de Terra Galega e os dous do PSOE conforman o equipo de goberno naronés
Narón, 19 de xuño de 2015.- O pleno do Concello de Narón aprobou no pleno celebrado hoxe, ás 10.00 horas, o reparto de delegacións entre os dez concelleiros de Terra Galega e os dous do PSOE, así como os representantes municipais nos diferentes organismos e entidades nos que está representada a administración local. A portavocía do grupo municipal de TEGA asumiráa Marián Ferreiro, número dous do partido na localidade e primeira tenente de Alcaldía. O alcalde, José Manuel Blanco, encabezará nos vindeiros catro anos un equipo no que Marián Ferreiro se encargará das delegacións de Cultura e Relacións Institucionais; Manuel Ramos de Urbanismo; Natalia Hermida de Turismo, Formación, Novas Tecnoloxías e Mocidade; Pablo Mauriz de Obras Públicas, Persoal e Recursos Humáns; Guillermo Sánchez Fojo de Protección Civil, Seguridade Cidadá e Transporte Público; Mar Gómez de Feiras e Mercados, Festas e Estatística; Román Romero de Deportes; Mercedes Taibo de Ensino e Bibliotecas e Ibán Santalla de Servizos. A portavoz socialista, Catalina García, será a responsable de Participación Cidadá e Acción Social e o concelleiro do PSOE Octavio Dopico o de Sanidade e Medio Ambiente. O alcalde, José Manuel Blanco, continuará sendo o representante do Concello na Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal