Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PARTICIPARÁ NUN PROGRAMA EUROPEO SOBRE EMERXENCIAS FINANCIADO POLA UE
O CONCELLO PARTICIPARÁ NUN PROGRAMA EUROPEO SOBRE EMERXENCIAS FINANCIADO POLA UE
Implicaranse na iniciativa outros catro municipios galegos e tamén entidades de Italia e Inglaterra
Narón, 23 de Xuño de 2015.- O Concello de Narón adscribirase a un programa impulsado pola Xunta e financiado con fondos da Unión Europea, o CP Model, sobre Emerxencias e que se levará a cabo entre este ano e o próximo. O municipio foi elixido pola administración autonómica, xunto con outros catro de Galicia (Vilalba, Ribadavia, Caldas e Santiago) para participar nesta proposta, na que tamén se implicarán entidades italianas e inglesas. A través de cursos masivos abertos online definiranse estratexias flexibles e aplicaranse unha serie de coñecementos sobre o mellor xeito de afrontar situacións de emerxencia e desastres naturais. A iniciativa aposta por fortalecer as medidas de prevención e resposta no momento en que sexa necesario, dispoñendo dunha política de planificación da prevención idónea neses casos. O edil de Protección Civil e Seguridade Cidadá participou hoxe no acto de presentación do programa, xunto con Ignacio Orriols, en representación da Xunta de Galicia, e representantes de diferentes áreas da administración local, entre os que estaba tamén Rafael Pazos, inspector xefe do equipo de Emerxencias de Narón.
O concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, confirmou o respaldo da administración a esta iniciativa, recordando que o Concello de Narón foi pioneiro en Galicia en dispor dun programa de Prevención de Riscos Laborais. “Para este Concello a seguridade foi e será sempre unha prioridade porque temos moi claro que é necesario previr antes de lamentar”, subliñou Sánchez Fojo. O edil naronés incidiu na importancia de que se sumen ao proxecto entidades da zona norte de Portugal, asegurando que “será máis produtivo facer un traballo conxunto, ao igual que se desenvolven outras iniciativas a través do Eixo Atlántico”.
O programa permitirá elaborar un mapa cos puntos máis críticos en cada concello para definir estratexias axeitadas en situacións de crise e no mesmo participarán expertos dos cinco municipios galegos e tamén representantes de diferentes áreas das administracións locais. No caso de Narón, persoal de Protección Civil, Policía Local e outros departamentos como Emerxencias de Narón ou Educación Vial cubriron unha enquisa con 112 preguntas para valorar varias cuestións relacionadas co tema da seguridade no municipio.
A previsión é implantar os resultados a partir de xaneiro do 2016, período no que estará rematado o traballo iniciado para facer as valoracións das entidades que participan no proxecto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal