Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO
A Concellería de Igualdade Social e Maiores de Narón ven de abrir o prazo para inscribirse no programa autonómico de Termalismo Social do Imserso. Os maiores interesados nesta prestación, poderán presentar a súa solicitude no Servicio Sociocomunitario Municipal (situado na 1ª pranta do Concello) en horario de mañá. O Concello recollerá os seus datos e os trasladará á Xunta de Galicia, de quen depende o programa.
Narón, 12 de Novembro de 2007.- Para participar no Programa de Termalismo Social, é necesario ser pensionista do sistema da Seguridade Social. O programa ten unha duración de 12 días, e inclúe aloxamiento e manutención en réxime de pensión completa, tratamientos termais básicos, e actividades de animación.

As prazas se adxudicarán seguindo un baremo no que se prioriza o grado de necesidade de recibir os tratamentos termais, a situación económica e a idade dos solicitantes.

Nesta convocatoria incorpóranse o Balneario Acuña, en Caldas de Reis (Pontevedra), e outro hotel nas Termas de Cuntis. Polo contrario, suprímense os balnearios de Arteixo (A Coruña) e Cortegada (Ourense).

Haberá distintas quendas entre os meses de xaneiro e decembro do 2008. Os interesados en realizar o programa de termalismo entre xaneiro e febreiro, poderán presentar a solicitude ata o 12 de decembro deste ano. Os que desexen viaxar entre marzo e agosto, deberán inscribirse ata o 16 de xaneiro do 2008. E finalmente, para o turno entre setembro e decembro de 2008, os formularios deberán presentarse antes do 16 de maio. No obstante, poderán facelo ata o 31 de outubro, e permanecer en lista de espera por se quedaran prazas libres.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal