Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE SEDES ACOLLERÁ O SÁBADO A IV EDICIÓN DO ENCONTRO INTERXERACIONAL
Unhas setecentas persoas asistirán á comida de confraternidade que se celebrará na parcela municipal do Trece
Narón, 24 de Xuño de 2015.- A parcela municipal da feira do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá este sábado a cuarta edición do Encontro Municipal Interxeracional. Unhas setecentas persoas están anotadas para participar na comida de confraternidade entre maiores e as súas familias que se celebra tradicionalmente neste evento, sendo os propios comensais os que se encargan de levar o menú. Haberá servizo de transporte gratuíto para os asistentes. O programa da convocatoria comezará ás 11.15 horas, cunha sesión de bailes de salón, á que seguirán durante a mañá outras sobre cancións de animación, sevillanas, musicoterapia e actuacións de danza oriental, das Cantareiras do Val, de Sonidos do amor e da Coral Municipal. Ás 13.30 horas terán lugar as intervencións institucionais, para retomar a programación despois do xantar. Ás 15.45 haberá unha nova actuación musical e ás 17.45 comezarán as sesións de zumba e deportivas, para retomar a música a partir das 18.15. Desde as 18.20 as diferentes actividades que se celebrarán con motivo do Encontro Interxeracional compartirán espazo cunha exhibición de cans de agility. No recinto do Trece instalaranse ademais xogos infantís e haberá exposicións solidarias e demostracións de elaboración de produtos de artesanía. A Concellería de Promoción Social organiza esta convocatoria, na que colabora o movemento asociativo de Narón.
Descarga de archivos
PROGRAMA
Tamaño:712,65 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal