Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO IV ENCONTRO MUNICIPAL INTERXERACIONAL
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO IV ENCONTRO MUNICIPAL INTERXERACIONAL
Máis dun milleiro de persoas partiviparon na convocatoria que tivo lugar na parroquia de Sedes
Narón, 27 de Xuño de 2015.- Máis dun milleiro de persoas participaron na cuarta edición do Encontro Municipal Interxeracional que se celebrou nunha parcela municipal do recinto do Trece, na parroquia de Sedes, promovido pola Concellería de Promoción Social de Narón e no que colabora o movemento asociativo. Aos setecentos comensais que acudiron á comida de confraternidade sumáronse os visitantes que non quixeron perder esta tradicional convocatoria pensada para a convivencia de persoas de distintas xeracións e que ao longo do día se desprazaron ata esta zona de Sedes. O alcalde, José Manuel Blanco, e a portavoz de TEGA, Marián Ferreiro, acudiron á cita, que tamén secundaron integrantes de todos os grupos políticos da corporación local. O rexedor naronés agradeceu na súa intervención o traballo que realizan as diferentes entidades veciñais, sociais e culturais do municipio ao longo do ano e animounos a continuar na mesma liña. Blanco comprometeu ademais o apoio do Concello a este tipo de colectivos e recordou que “como viñemos facendo ata o de agora, seguiremos mantendo como prioritarias no Concello as políticas destinadas aos maiores”.
Ao longo da mañá sucedéronse diversas actividades no recinto feiral do Trece, donde tamén se instalaron varios postos de venta con produtos artesáns e exposicións solidarias. Antes de acudir á comida de confraternidade o rexedor local participou na entrega duns agasallos que recolleron os representantes das entidades que colaboraron na organización deste evento. Ademais do grupo de coordinación parroquial, recibiron unha maceta con flores realizadas artesanalmente por persoal de Aspanaes: a AVV Virxe de Fátima, a Sociedade Cultural Areosa, as AAVV da Gándara, Chafarís, Virxe do Mar, A Naveira, Santa Icía, Ceibe de San Xiao e O Alto, e tamén a Asociación Sociocultural de Minusválidos, os Centros Comunitarios Municipais, A Asociación Terceira Idade de Pedroso, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Aspanemi, BBTTA, a Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa do Val, o Clube de Xubilados A Solaina, AFAL Ferrolterra e a Asociación de Mulleres Rurais de Ferrerías, ademais da propia Aspanaes.
Pola tarde continuaron as actuacións musicais e tamén as actividades deportivas nas inmediacións do recinto feiral, onde tivo lugar unha exhibición de cans de agility nun circuíto preparado para a ocasión. Os máis pequenos gozaron cos inchables que se colocaron na zona próxima á carpa baixo a que comeron parte dos asistentes ao Encontro Municipal Interxeracional, se ben outro grupo o fixo na propia nave do Trece, onde se habilitaron unhas mesas para parte dos comensais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal