Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLE A FINAL DO CAMPIONATO DE BAILES DEPORTIVOS LATINOS 2015
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLE A FINAL DO CAMPIONATO DE BAILES DEPORTIVOS LATINOS 2015
Na convocatoria participaron un total de 615 parellas chegadas de diferentes puntos de España
Narón, 27 de Xuño de 2015.- O pavillón polideportivo da Gándara acollerá mañá a final do Campionato de España de Bailes Deportivos Latinos 2015. As probas comezaron a desenvolverse hoxe ás tres da tarde e continuarán durante a xornada dominical, estando previsto o remate da competición sobre as 22.00 horas. Un total de 615 parellas chegadas de diferentes puntos do país participan nesta convocatoria, que se celebra por primeira vez no municipio naronés. A cita foi todo un éxito, tanto polo número de parellas inscritas como polo público que non quixo perderse este evento deportivo que se celebra esta fin de semana en Narón.
As instalacións do polideportivo da Gándara acolleron tamén esta mañá o XIV Trofeo de Bailes Deportivos Cidade de Narón, unha cita que se desenvolveu entre as 09.00 e as 14.00 horas. Pola tarde, ás 15.00 horas, iniciouse o campionato estatal de Bailes Deportivos Latinos 2015 que continuará mañá a partir das 14.30 horas, se ben ao longo da mañá do domingo o polideportivo da Gándara acollerá a Copa Promoción, desde as 08.30 ata as 14.30 horas.
As persoas interesadas en acudir poden adquirir as entradas na mesma xornada na taquilla do pavillón polideportivo da Gándara, a un prezo de dez euros –se ben se venderon abonos para o sábado e domingo cun prezo único de 16 euros-. A convocatoria está organizada polo Padroado de Cultura, a Federación Española de baile e o Club de Baile Deportivo Narón e conta coa colaboración da Concellería de Deportes de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal