Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS NARONESES JÉSSICA GARCÍA E DAVID LÓPEZ, GAÑADORES NA CATEGORÍA ADULTOS II DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BAILES DEPORTIVOS LATINOS 2015
OS NARONESES JÉSSICA GARCÍA E DAVID LÓPEZ, GAÑADORES NA CATEGORÍA ADULTOS II DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BAILES DEPORTIVOS LATINOS 2015
O campeonato disputouse a fin de semana no pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 29 de Xuño de 2015.- Os naroneses Jéssica García e David López, do Club Bailes Deportivos Narón, acadaron onte o primeiro posto na categoría de Adultos II do Campionato de España de Bailes Deportivos Latinos 2015 , na que quedaron no cuarto posto Jesús Marcos e Lucía Fernández, do mesmo clube. Na modalidade Adultos I o primeiro premio foi para os madrileños Edgar Marcos e Alina Nowak, se ben se clasificaron para a final os naroneses David Díaz e Mireia Balada, cun sexto posto. O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, participaron a última hora da tarde de onte, xunto coas edís Natalia Hermida e Catalina García, no acto de entrega dos premios deste campionato estatal, que reuniu a centos de persoas chegadas de diferentes puntos do país no pavillón polideportivo da Gándara, onde se disputou a competición a pasada fin de semana.
O premio da categoría Xuvenil foi para Alex Gascón e Laia Tauriz, de Valencia, mentres que na modalidade Junior I gañaron Daniel Díez e Ruth Saez, de Madrid, e na Junior II Ángel Sebastián Carmona e Carla Beneito, tamén madrileños.
Os valencianos Eduardo Cervera e María Piedraescrita Medina acadaron a mellor valoración dos xuíces na modalidade Senior I, e os cataláns Jordi Mairal e Eva Aguilera foron os premiados na Senior II; sendo da mesma comunidade Antonio Martín e Montserrat Gómez, que obtiveron o primeiro posto na modalidade Senior III e Josep María Berengueres e María Dolors Jordés, os mellor puntuados na Senior IV. Os gañadores na categoría Top Senior foron os madrileños Luis Seré e María Carmen García. Cataláns foron tamén os gañadores da categoría Sub 21, Adriá Martos e Ekaterina Paraschou.
Na modalidade Youth os gañadores foron os valencianos Lucas Samuel López e Mar Albelda.
Un total de 615 parellas participaron na convocatoria, que se celebrou por primeira vez no municipio naronés. O evento compartiu protagonismo con outras competicións celebradas na localidade desde o pasado venres, que acolleu o Campionato de España de Danza Coreográfica, o XIV Trofeo de Bailes Deportivos Cidade de Narón e a final deste último trofeo, a Copa Promoción e o mencionado campionato estatal.
(Fotografía: Carlos Tellado)



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal