Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SERVIZO DE ASESORAMENTO DA ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ ESTARÁ OPERATIVO TODO O MES DE XULLO
A actividade suspenderase no mes de agosto para retomala en setembro
Narón, 30 de Xuño de 2015.- O Concello de Narón manterá operativo o horario da Escola de Participación Cidadá durante o mes de xullo, se ben permanecerá pechada en agosto. O horario do servizo será os mércores, xoves e venres, de 09.30 a 13.30 no baixo da Casa da Cultura, localizado na praza de Galicia, mentres que os luns e martes realizaranse visitas aos centros cívicos e haberá reunións de seguemento coas asociacións nos seus locais, en horario de mañá e tarde, para as que se poderán concertar visitas co persoal técnico no teléfono 629 747 336 ou a través da dirección de correo electrónico: escoladeparticipacion@cidadania.coop. Entre as funcións da Escola de Participación Cidadá están asesorar a entidades sobre como mellorar a comunicación coas persoas, dinamización de barrios, organización de asembleas ou elaboración de actas. O funcionamento normal do servizo retomarase en setembro, coa activación dos catorce Consellos Territoriais dos barrios e parroquias, nos que se incorporarán representantes de todos os grupos políticos municipais e das asociacións de cada barrio. Así mesmo, a partir de setembro continuarán desenvolvéndose os obradoiros de formación sobre as canles de participación cidadá na administración local que figuran na normativa municipal, iniciados o pasado mes de febreiro e dirixidos a entidades locais e novos edís.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal