Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALEJANDRO CAGIAO E NOELIA PENABAD, GAÑADORES DA VII EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL DE COSMA
ALEJANDRO CAGIAO E NOELIA PENABAD, GAÑADORES DA VII EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL DE COSMA
O alcalde, José Manuel Blanco, o xerente de Cosma, José Manuel Marcote, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, entregaron hoxe os premios no Concello
Narón, 2 de xullo de 2015.- Os escolares naroneses Alejandro Cagiao Teijeiro e Noelia Penabad Garrote resultaron gañadores da sétima edición do Concurso de Debuxo Infantil convocado pola empresa mixta de augas de Narón, Cosma, con motivo do Día Mundial da Auga. A convocatoria deste ano levaba por lema “Enche o teu mundo de vida” e premiáronse dúas categorías, unha cos traballos dos participantes de terceiro e cuarto curso de Primaria e outra cos de quinto e sexto. O gañador da primeira delas foi Alejandro Cagiao, de oito anos e matriculado no CPI O Feal, e na segunda modalidade o traballo mellor valorado foi o de Noelia Penabad, de 11 anos e estudante do CPR Ayala. Os dous gañadores recibiron como premio unha tablet. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o xerente de Cosma, José Manuel Marcote, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, participaron hoxe no acto de entrega dos premios, que tivo lugar ás 13.00 horas no Concello de Narón.
A organización premiou ademais catro finalistas, entre os que resultaron elixidos os debuxos realizados por Sabela Castro Prieto, de oito anos e alumna de terceiro curso de Primaria do CRA de Narón (O Val) e Antía Freire Seijas, de nove anos e estudante no CPR Ayala, na categoría de terceiro e cuarto curso. Resultaron finalistas da outra categoría, a de quinto e sexto, Sara Rey Corral, de once anos e alumna do CEIP da Solaina, e Sofía García Rodríguez, tamén de once anos e do CEIP A Gándara. Todos eles recibiron como premio o xogo “A miña primeira horta”.
O alcalde felicitou persoalmente aos rapaces que participaron no concurso e comprometeu o respaldo da administración local a este tipo de propostas. “Estamos traballando en conxunto para o saneamento da ría de Ferrol, para que a auga chegue á ría depurada, e desde o Concello seguiremos traballando para que non se rexistren avarías na rede e ofrecer un servizo de calidade”. O concelleiro de Servizos valorou a iniciativa da empresa Cosma, subliñando a importancia de que os nenos e nenas se conciencien desde pequenos sobre a importancia de coidar e respectar o medio ambiente e os recursos naturais.
Nesta sétima edición do concurso participaron un total de 208 nenos e nenas matriculados en diferentes centros escolares do municipio naronés, aos que se lles pediu que realizasen un debuxo relacionado co significado da auga nas súas vidas ou no seu entorno, dando a coñecer o modo en que entenden o que debe ser un uso máis responsable deste recurso natural. Os representantes do Concello e de Cosma agradeceron a participación de todos eles e tamén a implicación dos mestres, por facer posible a continuidade deste concurso. A iniciativa leva sete anos difundindo entre os escolares de Narón o coñecemento do ciclo integral da auga e tamén o modo de contribuír día a día a un uso máis eficiente deste recurso natural con pequenos xestos.
O concurso aposta por educar desde a infancia sobre os hábitos idóneos para un uso responsable da auga, ao tempo que axuda a dar a coñecer os pasos que sigue este recurso natural desde que se recolle ata que chega ás billas das casas. A organización incidiu en que dos máis novos depende o uso responsable dos recursos naturais, entre eles a auga, para contribuír ao desenvolvemento sostible do noso entorno máis próximo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal