Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CLUBE BALONMÁN NARÓN REPRESENTARÁ AO MUNICIPIO NOS "XI XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO" QUE TERÁN LUGAR EN PORTUGAL
O CLUBE BALONMÁN NARÓN REPRESENTARÁ AO MUNICIPIO NOS
O Concello de Narón acolleu hoxe o acto de recepción institucional ao equipo
Narón, 3 de xullo de 2015.- Os integrantes do Clube Balonmán Narón desprazaranse este domingo a Portugal para participar na décimo primeira edición dos Xogos do Eixo Atlántico, en representación do municipio. A convocatoria terá lugar entre os días 5 e 10 deste mes nas cidades lusas de Porto, Vila Nova de Gaia e Matosinhos, que comparten por primeira vez a organización do evento, que ten unha periodicidade bianual. Acompañando aos catorce xogadores do mencionado clube naronés estarán ademais tres persoas do staff e tres técnicos (desprazaranse a Portugal Brais Caneiro, como delegado municipal, e o primeiro e segundo adestrador, Rubén Fernández e Víctor Seijo, respectivamente), asumindo o Concello os gastos de desprazamento e manutención do equipo.
O edil de Deportes, Román Romero, asegurou que para o Concello é un orgullo que este equipo represente ao municipio e desexou moita sorte aos integrantes do mesmo, aos que pediu que gocen da experiencia. No acto falou tamén a exconcelleira da área, Natalia Hermida, que ademais incidiu en que “Narón é coñecido cada vez máis no exterior a nivel deportivo e sodes a imaxe fóra e sei que ides deixar o listón alto, non só a nivel deportivo senón tamén de compañeirismo”.
Pola súa banda, o alcalde destacou o feito de que os rapaces sexan os representantes de toda a comarca nese evento deportivo, pediulles que gocen da experiencia estes días en Portugal e valorou os éxitos acadados polo equipo nesta tempada. O presidente do clube naronés, José Oreona, agradeceu o respaldo do Concello para poder participar nesta convocatoria.
O concello de Narón é o único da comarca que estará representado nesta edición dos Xogos do Eixo Atlántico, nos que participan outras vinte e sete cidades galegas e portuguesas. Os integrantes da comitiva naronesa sairán do municipio este domingo ás 7.30 horas nun autobús que os levará desde o complexo polideportivo da Gándara ata Portugal, de onde regresarán o venres día 10 pola tarde. O concelleiro de Deportes de Narón, Román Romero, destacou a traxectoria do Clube Balonmán Narón, a cuxos éxitos se sumou esta tempada, co equipo de cadetes, a Copa Federación Galega.
Na localidade de Porto disputaranse as probas de Tenis e Atletismo Cros; en Vila Nova de Gaia as de Fútbol 7 e Balonmán e en Matosinhos as de Atletismo en pista e Atletismo en pista adaptado, Natación e Natación adaptada –esta última é unha das novidades desta edición- , Voleibol e Baloncesto. Esta é a convocatoria que rexistrou un maior número de participantes, xa que se superaron os 2.000, según apuntaron desde a organización.
Os Xogos do Eixo Atlántico apostan por promocionar o deporte, a convivencia entre os máis novos e tamén a mellorar o coñecemento entre os cidadáns das súas rexións.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal