Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE DESIGNA AOS INTEGRANTES DOS DIFERENTES ORGANISMOS MUNICIPAIS E ANUNCIA AS DELEGACIÓNS QUE OSTENTARÁN OS DOUS EDÍS DO BNG
O ALCALDE DESIGNA AOS INTEGRANTES DOS DIFERENTES ORGANISMOS MUNICIPAIS E ANUNCIA AS DELEGACIÓNS QUE OSTENTARÁN OS DOUS EDÍS DO BNG
Os nacionalistas Pablo Villamar e Teresa Sabio incorpóranse ao equipo de goberno de Narón
Narón, 3 de xullo de 2015.- O Concello de Narón acolleu hoxe un pleno extraordinario no que se deu conta de varias resolucións de Alcaldía sobre designacións de tenentes de alcalde, delegados de Alcaldía e integrantes da Xunta de Goberno Local e tamén dos nomeamentos do grupo mixto nas comisións informativas e noutros organismos. A sesión comezou a desenvolverse ás 13.00 horas no salón de plenos municipal e na mesma informouse das delegacións que ocuparán os dous edís do BNG que se incorporan ao bipartito naronés que formaban Terra Galega e PSOE. O nacionalista Pablo Villamar ocuparase das concellerías de Xestión orzamentaria; Promoción e xestión de polígonos industriais; Promoción Económica e Infraestruturas Públicas e Teresa Sabio a de Promoción Social e Igualdade. O equipo de goberno de Narón contará con catorce membros, dez de TEGA, dous do PSOE e dous do BNG, se ben na oposición quedan os cinco concelleiros do PP, un de Eliximos Narón Electores e outro de Esquerda Unida, que formarán o Grupo Mixto.
A concelleira e portavoz de Terra Galega Marián Ferreiro, será a primeira tenente de alcalde, ocupando os sucesivos postos, nesta orde, Guillermo Sánchez Fojo e Manuel Ramos –ambos de TEGA-; Catalina García –PSOE-; Natalia Hermida e María del Mar Gómez –TEGA- e, no sétimo lugar, o portavoz nacionalista, Pablo Villamar. A Xunta de Goberno Local estará constituida, tralo acordo do tripartito naronés, por Marián Ferreiro, Guillermo Sánchez, Manuel Ramos, Catalina García, Natalia Hermida, Mar Gómez e Pablo Villamar.
Na Xunta de Portavoces estarán o alcalde, José Manuel Blanco; Marián Ferreiro (TEGA), Miguel de Santiago (PP), Pablo Villamar (BNG), Catalina García (PSOE) e André Abeledo (Grupo mixto), se ben poderá asistir sen dereito a voto o edil Alfonso Casal, tamén do grupo mixto.
A Comisión de Obras, Urbanismo e Servizos estará integrada por Manuel Ramos, Ibán Santalla, Pablo Mauriz e Mar Gómez, todos eles edís de Terra Galega; Miguel de Santiago e Laura Pena, do PP; Pablo Villamar, do BNG; Octavio Dopico, do PSOE, e Alfonso Casal, do Grupo mixto (GM), podendo acudir ás convocatorias o outro representante municipal do GM, André Abeledo, pero sen dereito a voto.
Os concelleiros de TEGA Marián Ferreiro, Guillermo Sánchez, Román Romero e Mercedes Taibo formarán parte da Comisión de Desenvolvemento da Actividade Social, na que tamén estarán Laura Pena e Patricia Aneiros, do PP; Teresa Sabio, do BNG, Catalina García, do PSOE, e André Abeledo, do grupo mixto, facultándose a asistencia con voz e sen voto de Alfonso Casal.
Na Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas estarán Natalia Hermida, Mar Gómez, Román Romero e Mercedes Taibo, en representación de TEGA; Hipólito Fariñas e Marcos López, do PP; Pablo Villamar, do BNG; Octavio Dopico, do PSOE e Alfonso Casal, do grupo mixto, podendo acudir pero non votar o edil André Abeledo.
Por último, na sesión plenaria de hoxe procedeuse a nomear aos integrantes da Comisión Especial de Seguemento da Revisión do PXOM de Narón, da que formarán parte Manuel Ramos (TEGA), ;Marcos López (PP), Octavio Dopico (PSOE), Pablo Villamar (BNG) e Alfonso Casal (GM), podendo presenciar as sesións e intervir nas mesmas André Abeledo (GM).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal