Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA INSTALAR POSTOS DE VENTA NO MERCADIÑO ARTESÁN DO OENACH ATLÁNTICO DE SEDES
O Concello incide en que non está permitida a venta de productos de segunda man
Narón, 4 de Xullo de 2015.- O Concello de Narón abriu o prazo de inscrición no Mercadiño Artesán da décimo sétima edición do Oenach Atlántico de Sedes, que se celebrará os días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto na mencionada parroquia do municipio naronés. Todas aquelas persoas interesadas en instalar postos de artesanía no Oenach Atlántico, cuxo mercadiño será os últimos dous días -1 e 2 de agosto- poden formalizar as súas inscricións a través do número de teléfono 626 378 685 de luns a venres –en horario de 08.00 a 14.00- ou enviando un correo electrónico cos seus datos á dirección: d.canovas@naron.es. As prazas son limitadas, tal e como se informa desde o Padroado da Cultura de Narón. O evento, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia desde principios de 2014, reúne cada ano a milleiros de persoas na campa da Feira do Trece, en Sedes. Veciños e visitantes gozan durante toda a fin de semana dun programa no que se inclúen diversos espectáculos e actividades que se combinan con degustacións gastronómicas e que recordan as orixes celtas da localidade e tamén a cultura castrexa. A Concellería de Turismo e o Padroado da Cultura de Narón, a Xunta de Galicia e a AVV Rosa dos Ventos, de Sedes, organizan un ano máis este recoñecido evento festivo no municipio.
Descarga de archivos
Cartaz Oenach
Tamaño:1,12 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal