Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS OITO NENOS E NENAS SAHARAUIS QUE PASARÁN O VERÁN CON FAMILIAS DE ACOLLIDA CHEGARON HOXE A NARÓN
Tres menores estarán dous meses en Narón, outros tres nas Pontes e dous irán para San Sadurniño e Cariño
Narón, 7 de xullo de 2015.- Os familiares dos oito nenos e nenas saharauis que pasarán os vindeiros dous meses nos concellos de Narón, As Pontes, San Sadurniño e Cariño recibiron hoxe aos menores no Concello de Narón. Tres deles serán acollidos por outras tantas familias naronesas e outros tres gozarán da tempada estival en As Pontes, se ben un deles estará cunha familia de San Sadurniño e outro con unha de Cariño. Os nenos e nenas participan no programa “Vacaciones en Paz”, impulsado pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui e no que colaboran economicamente varios Concellos da zona, entre eles o de Narón. Un dos obxectivos desta convocatoria é afastar aos menores das elevadas temperaturas que se rexistran no verán nos campamentos arxelinos de Tinduf, onde se poden chegar a superar os 50 graos. Neste tempo tamén se realizan revisións médicas aos rapaces e rapazas. Os menores asistirán o vindeiro luns a unha recepción oficial no Concello de Narón, onde se lles entregarán uns agasallos, tal e como anunciou a edil de Acción Social de Narón, a socialista Catalina García.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal