Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PARQUE FLUVIAL DE FREIXEIRO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UNHA NOVA EDICIÓN DO MERCADO MEDIEVAL DE NARÓN
O PARQUE FLUVIAL DE FREIXEIRO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UNHA NOVA EDICIÓN DO MERCADO MEDIEVAL DE NARÓN
O variado programa de actividades deste evento comezará a desenvolverse o venres pola tarde
Narón, 7 de xullo de 2015.- A cuarta edición do Mercado Medieval de Narón celebrarase esta fin de semana no parque fluvial de Freixeiro. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, e o xerente da empresa organizadora, Antonio Otero (Géminis Servicios Temáticos), que coorganizan esta cita, presentaron hoxe o programa a desenvolver durante a convocatoria, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de xullo. En total participarán este ano algo máis de sesenta postos, que porán á venta produtos de alimentación e artesanía, entre outros.
Máis de medio cento de locais do Mercado Medieval abrirán este venres ás 18.00 horas e ás 18.30 iniciarase un variado programa de actividades de animación que inclúe música, sesións de contacontos, maxia, pasarrúas e outros espectáculos que animarán a veciños e visitantes. A primeira xornada da convocatoria pecharase coa actuación do Fakir Testa (O home ignífugo), que dará comezo ás 23.30 horas.
A celebración retomarase o sábado pola mañá, a partir das 11.00 horas, coa apertura dos postos do Mercado e continuará co desenvolvemento do variado programa deseñado para a ocasión, con múltiples actividades, ata as 14.30, momento no que chegará a “Hora del buen yantar”. Pola tarde o horario será desde as 18.00 ata o inicio do último espectáculo, que correrá novamente a cargo do Fakir Testa, ás 23.30 horas.
Na última das xornadas do IV Mercado Medieval de Narón, o domingo, os concertos, pasarrúas, a maxia, os contacontos e os espectáculos de lume do Fakir Testa volverán ser os protagonistas no parque fluvial de Freixeiro tanto durante a mañá, entre as 11.00 e as 14.30 horas, como pola tarde, desde as 18.00 ata pasadas as 23.30 horas, cando finalice o último espectáculo.
O xerente de Géminis Servicios Telemáticos salientou algúns dos espectáculos a desenvolver durante os tres días, como “El libro mágico”, pensado para fomentar a lectura entre os nenos e nenas, ou “La captura del dragón”, cunha réplica dun exemplar de tres metros de altura que percorrerá a zona do parque fluvial de Freixeiro. Así mesmo, apuntou que haberá unha noria medieval, un castillo elástico e un carrusel.
A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, valorou a resposta dos participantes, que superan aos da convocatoria do pasado ano. “Animo a todos os veciños e veciñas de Narón e doutros concellos a visitar esta edición do Mercado Medieval, onde poderán gozar dun intenso e variado programa pensado para os maiores pero sobre todo para os nenos e as nenas, aos que se dirixen boa parte das actividades”. A edil naronesa anunciou que este venres, ás oito da tarde, unha comitiva municipal realizará un percorrido polo parque fluvial de Freixeiro para visitar o mercado.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal