Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONCELLOS DE NARÓN E FERROL CONVOCARÁN UNHA XUNTANZA COMARCAL PARA ORGANIZAR UNHAS XORNADAS ABERTAS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Ambos gobernos locais apostan por convertir a Participación Cidadá da zona nun referente
Narón, 9 de xullo de 2015.- Os concelleiros de Participación Cidadá de Narón e Ferrol, Catalina García e Álvaro Montes, respectivamente, mantiveron unha reunión esta mañá no Concello de Narón para intercambiar os regulamentos da área en vigor en ambos municipios. No encontro participaron tamén Maica Rodríguez, da Escola de Participación Cidadá, e Judith Martínez, técnico municipal en Narón. Os edís acordaron convocar un novo encontro despois do verán, a nivel comarcal, no que se impliquen representantes doutros municipios da zona –aos que se citará a unha xuntanza nos vindeiros días- co fin de concretar o contido dunhas xornadas abertas de Participación Cidadá que terán lugar despois do verán. Na convocatoria tamén se analizou o regulamento de uso dos centros cívicos, pendiente de aprobar no Concello de Narón pero cuxo traballo está actualmente moi avanzado, pendiente de incorporar as aportacións das diferentes entidades. A concelleira naronesa, Catalina García, incidiu no encontro en que “máis alá das necesidades de cada Concello, debemos ser capaces de poñer en conxunto ideas a desenvolver en todas as administracións locais da zona”. Na mesma liña se pronunciou o edil ferrolán, Álvaro Montes, que asegurou que “os dous gobernos queremos que a Participación Cidadá sexa un referente, dotala de transversalidade e que sirva como modelo de xestión e participación democrática da cidadanía de toda a comarca”. Así mesmo, ambos representantes políticos apuntaron a necesidade de elaborar un documento cuxo modelo poida continuar no tempo, aínda adaptándoo ás necesidades de cada momento, a pesares dos posibles cambios de goberno nos Concellos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal