Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNHAS 30.000 PERSOAS VISITARON ESTA FIN DE SEMANA O IV MERCADO MEDIEVAL NO PARQUE FLUVIAL DO RÍO FREIXEIRO
UNHAS 30.000 PERSOAS VISITARON ESTA FIN DE SEMANA O IV MERCADO MEDIEVAL NO PARQUE FLUVIAL DO RÍO FREIXEIRO
Desde o venres ata o domingo desenvolverase un completo programa de actividades dirixidas a nenos e maiores
Narón, 12 de xullo de 2015.- A cuarta edición do Mercado Medieval de Narón foi todo un éxito. Unhas 30.000 persoas acudiron esta fin de semana ao parque fluvial do Río Freixeiro, donde se instalaron sesenta postos de venta de diferentes produtos gastronómicos e de artesanía, entre outros. O Mercado Medieval, organizado polo Concello de Narón e a empresa Géminis Servicios Temáticos comezou o pasado venres e finaliza esta noite. A concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mar Gómez, valorou a resposta de veciños e visitantes, que gozaron durante toda a fin de semana desta convocatoria. “Un ano máis o Mercado Medieval reuniu no municipio a milleiros de persoas que puideron gozar dun variado programa de actividades, pensado para nenos e maiores, e tamén degustar e adquirir algúns dos produtos que se ofrecían nos diferentes postos que se instalaron na zona”, asegurou Mar Gómez.
A maior afluencia de público rexistrouse tanto nas horas do mediodía como durante a tarde-noite, cando se sucedían boa parte dos espectáculos programados para a ocasión, entre os que non faltou a música, o teatro nin a ambientación medieval. “El libro mágico”, pensado para fomentar a lectura; “La captura del dragón”, protagonizado cunha réplica dun exemplar de tres metros de altura que percorreu o parque, e o rincón infantil, captaron a atención dos máis pequenos durante as xornadas do venres, sábado e domingo.
A edil de Feiras e Mercados agradeceu publicamente a resposta tanto dos responsables dos postos que se instalaron no parque do Río Freixeiro como de todas as persoas que visitaron o Mercado. “Grazas a todos eles a convocatoria deste ano foi un éxito sen precedentes na localidade. É todo un orgullo para o Concello de Narón poder organizar este tipo de eventos, neste caso coa colaboración da empresa Géminis Servicios Temáticos, e obter tan boa resposta por parte das persoas que o fixeron posible instalando os seus postos e tamén dos que gozaron nos últimos tres días desta cita que nos trasladou temporalmente ao medievo desde este punto da localidade”, subliñou Mar Gómez momentos antes de dar por rematada esta convocatoria, co desexo de seguir organizando novas edicións deste evento no municipio naronés nos vindeiros anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal