Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU UNHA RECEPCIÓN ÁS TRES NENAS SAHARAUIS QUE PASARÁN O VERÁN NO MUNICIPIO
O CONCELLO ACOLLEU UNHA RECEPCIÓN ÁS TRES NENAS SAHARAUIS QUE PASARÁN O VERÁN NO MUNICIPIO
O goberno local organizará unha merenda á que tamén se convidará aos menores rusos acollidos dous meses por familias da localidade
Narón, 13 de xullo de 2015.- O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu hoxe no Concello a recepción oficial organizada para dar a benvida ás tres nenas saharauis que pasarán os meses de xullo e agosto con familias da localidade. No acto participaron tamén a portavoz de TEGA e edil de Cultura, Marián Ferreiro; a edil de Acción Social, Catalina García, e o de Promoción Económica, Pablo Villamar, así como o portavoz de Eliximos Narón Electores, Alfonso Casal; a delegada e o coordinador de zona da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez e Benigno López, respectivamente, e as familias de acollida. As nenas recibiron uns agasallos, entre eles un vale de 60 euros para gastar na libraría Galicia, en Narón.
O rexedor naronés deu a benvida ás participantes no programa “Vacaciones en Paz” e animounas a gozar da súa estancia na localidade e a coñecer o municipio e o seu entorno, comprometendo o apoio do goberno local a esta iniciativa “sempre que as familias estean dispostas a colaborar acollendo aos menores, requisito indispensable para garantir a súa continuidade”, subliñou. Na mesma liña se pronunciou a edil de Acción Social, que animou ás familias a seguir apostando por este programa e anunciou que se celebrará en agosto unha merenda organizada polo Concello na localidade á que ademais das nenas saharauis se convidará aos cinco menores rusos que chegaron hai unhas semanas ao municipio e que pasarán tamén o verán con familias de Narón.
En representación de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez agradeceu a colaboración do Concello de Narón con este programa. O goberno local destina 5.000 euros á iniciativa, asinando un convenio coa asociación para poder cubrir os gastos da viaxe das menores desde os campamentos de refuxiados de Tinduf, en Alxeria, ata a localidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal