Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A XVII EDICIÓN DA FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO CELEBRARASE O VINDEIRO DÍA 19 EN NARÓN
A XVII EDICIÓN DA FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO CELEBRARASE O VINDEIRO DÍA 19 EN NARÓN
Os tickets para a degustación están á venta no local social do Couto, na cooperativa do Val e no terceiro andar do Concello
Narón, 13 de xullo de 2015.- A concelleira de Feiras, Mercados e Festas, Mar Gómez, presentou hoxe a décimo sétima edición da Festa gastronómica do pemento do Couto, que se celebrará este domingo, día 19, na parroquia do Couto. Á convocatoria acudiron tamén o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar; o xerente da cooperativa do Val –que coorganiza esta cita co Concello-, José Leira; o presidente da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, Tomás Casal, e o presidente da Asociación de Veciños do Couto, Anselmo Beceiro. A edil Mar Gómez animou aos veciños e visitantes a sumarse a esta tradicional cita gastronómica da localidade, coa finalidade “de continuar promocionando un produto local de excelente calidade, como é o pemento do Couto, que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida (IXP) aprobada no ano 2010 pola Xunta de Galicia”.
A cita comezará ás 10.00 horas nas inmediacións do local social da AVV do Couto, donde haberá unha mostra de produtos do campo. Ás 12.00 horas iniciaranse unha serie de visitas guiadas ao Mosteiro do Couto –ata as 14.00- e que se manterán durante o verán nas xornadas dos sábados pola mañá e ás 13.00 horas dará comezo a lectura do pregón desta festa gastronómica, a cargo de Guillermo Escrigas, director do Centro Galego de Artes Escénicas. Finalizado o pregón, sobre as 13.30 horas, terá lugar o xuramento das Novas Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto, que como novidade nesta edición recaerá unicamente nunha persoa, a naronesa Cristina Silvar, doutora en Bioloxía pola UDC e autora dunha análise xenética do pemento do Couto.
Ás 14.00 horas serviranse as primeiras racións de churrasco con chourizo, pementos do Couto e cachelos, acompañados de pan, auga ou viño e café ao tizón. O custe de cada unha será de 12 euros e os tickets poden adquirirse no Concello –terceiro andar-, na cooperativa do Val –no horario de apertura do establecemento- ou no local social do Couto –polas tardes-. A partir das 18.00 horas o grupo musical Trébol amenizará a convocatoria.
O xerente da cooperativa do Val, José Leira, apuntou que o mes de xullo é, xunto con xuño e agosto, o de maior produción de pementos do Couto, asegurando que se continúa o bo tempo superaranse as cifras de recollida e venta do ano pasado, alcanzando os 53.000 quilos.

Venta dun libro e xornadas gastronómicas

Así mesmo, Tomás Casal anunciou que este ano se venderán na festa gastronómica do Couto, sen ánimo de lucro e a un prezo simbólico de cinco euros, os libros nos que se recollen a cuarta e a quinta edición das Xornadas Técnicas do Pemento do Couto, dos que se editaron 500 exemplares, coa colaboración do Concello e do Consello Regulador do Pemento do Couto.
Pola súa banda, o edil Pablo Villamar avanzou que a partir de hoxe –e ata o vindeiro día 23- os establecementos de hostalería da localidade interesados en participar na degustación “Horta de Narón”, ofrecendo pinchos con pemento do Couto e tomate negro, poden anotarse na dirección: narongastronomico@naron.es. A iniciativa desenvolverase entre os días 30 de xullo e 2 de agosto e do 6 ao 9 do vindeiro mes de agosto.


Descarga de archivos
PEMENTO DO COUTOTamaño: 872,55 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal