Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ACUAES CONFIRMA AO CONCELLO QUE AS OBRAS DE SANEAMENTO DO TRAMO O CADAVAL-NEDA COMEZARÁN ESTE MES
O Concello de Narón acolleu unha reunión da Comisión de seguemento dos traballos
Narón, 14 de xullo de 2015.- O Concello de Narón acolleu esta tarde dúas reunións da Comisión de seguemento das obras dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol, relativas aos tramos O Cadaval-Neda e ao do Río Inxerto. Á primeira das xuntanzas, ás 19.00 horas, nas que se abordou o primeiro dos mencionados tramos, acudiron ademais do alcalde da localidade, José Manuel Blanco, a directora territorial de Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), Isabel Pérez-Espinosa, o concelleiro naronés de Servizos, Ibán Santalla, a portavoz de Terra Galega e primeira tenente de alcalde na localidade, Marián Ferreiro; o xerente da empresa de augas de Narón (Cosma), José Manuel Marcote, e técnicos de Augas de Galicia. Pérez-Espinosa confirmou ao rexedor local naronés que hoxe mesmo se asinou a acta de replanteo para proceder a iniciar os traballos correspondentes ao tramo O Cadaval-Neda. A previsión, según avanzou a representante de Acuaes, é que a actuación poida iniciarse antes de finais deste mes. As obras deste tramo desenvolveranse en tres ou catro zonas diferentes, explicou, para poder axilizar a intervención pendiente e así cumprir os seis meses de prazo de execución fixados pola empresa Sociedad General de Obras SA, que suporán un desembolso de 6.323.600 euros. Á segunda das convocatorias, que comezou sobre as 19.30 horas, incorporouse o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. Na mesma abordouse, entre outros asuntos, a execución das obras no tramo do Río Inxerto, cuxo inicio está pendiente, según apuntaron desde Acuaes, da sinatura da acta de replanteo. Estas obras adxudicáronse á empresa Gevora Construcciones SA por 3.632.587 euros e teñen un prazo de execución de dez meses. Na reunión abordouse ademais o estado das actuacións de acondicionamento dos interceptores do tramo A Malata-A Gándara e A Gándara-O Cadaval, que avanzan según as previsións iniciais, para estar rematadas a finais de ano, ao igual que a estrutura de regulación do Porto. O alcalde naronés, José Manuel Blanco, sinalou que a de hoxe foi un encontro máis dos previstos pola Comisión de seguemento das obras do saneamento da ría e apuntou que fóra da orde do día se abordaron algunhas posibilidades para a xestión tanto dos colectores como da depuradora, que na actualidade depende de Acuaes e de Augas de Galicia, respectivamente. Este último asunto continuará sendo estudado nos vindeiros meses polas administracións implicadas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal