Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTA AO PÚBLICO A OFICINA DE TURISMO E INICIO DAS VISITAS GUADAS AO MOSTEIRO DO COUTO
ABERTA AO PÚBLICO A OFICINA DE TURISMO E INICIO DAS VISITAS GUADAS AO MOSTEIRO DO COUTO
A caseta de Turismo permanecerá aberta ata o 15 de setembro, xornada ata a que se manterán tamén as visitas guiadas ao cenobio naronés
Narón, 14 de xullo de 2015.- A Concellería de Turismo de Narón, dirixida por Natalia Hermida, anunciou a apertura da Oficina de Turismo do Concello –localizada no parque do río Freixeiro- e o inicio o 19 de xullo das visitas guiadas que durante os meses de verán se poderán realizar ao Mosteiro do Couto. A edil da área asegurou que ambas iniciativas están encamiñadas a potenciar o sector turístico na localidade e tamén dar a coñecer o patrimonio do municipio, no que é unha firme aposta do goberno local neste sector, e que se complementará con outras actuacións similares.
A Oficina de Turismo permanecerá aberta ata o día 15 de setembro. Un convenio coa Universidade da Coruña permitirá un ano máis contar cunha persoa para atender as instalacións, onde se atenderá ao público de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 e de 19.00 a 21.00 e os sábados e festivos de 10.00 a 14.00, permanecendo pechada os domingos. Nesta oficina ofrecerase aos visitantes información institucional do Concello de Narón pero tamén da comarca, a través dos diferentes folletos turísticos editados tanto desde a Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol como da Deputación da Coruña. “Na oficina ofrecerase a todos os que a visiten información sobre as festas gastronómicas do municipio e outros eventos e actividades culturais que se desenvolvan durante estas datas e que poidan ser do interese de veciños e visitantes”, explicou Natalia Hermida.
As visitas guiadas ao Mosteiro do Couto comezarán o día 19, coincidindo coa celebración da XVII Festa gastronómica do pemento do Couto, en horario de 12.30 a 14.30. Unha guía encargarase de explicar aos visitantes a historia deste recoñecido cenobio naronés de titularidade eclesiástica, localizado nas inmediacións da ría e que permanece habitualmente pechado ao público. Despois do día 19 manteranse as visitas guiadas ata o 15 de setembro, pero realizaranse os sábados e en horario de 11.00 a 13.00 horas. Os percorridos polo mosteiro serán para grupos reducidos de entre seis e dez persoas e terán unha duración aproximada de media hora polo mosteiro e a igrexa. As persoas interesadas en visitar esta construción relixiosa terán que cubrir previamente unha ficha, un trámite que deberán facer na Oficina de Turismo local ou no propio mosteiro o día da visita, se ben optando por este último caso o horario estará condicionado á dispoñibilidade de prazas nos grupos. Para recibir máis información ao respecto pódese chamar á oficina, no número de teléfono 981 377 700 (ext. 2301).
“O Mosteiro do Couto é unha das construcións relixiosas máis coñecidas de Narón, pero o feito de que non sexa propiedade municipal fai que algunhas das estancias non sexan coñecidas entre algúns veciños e visitantes, que agora terán a oportunidade de gozar destes percorridos cada mes, ata mediados de setembro”, subliñou Natalia Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal