Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ENTREGA OS DIPLOMAS AOS ALUMNOS DE CATRO CURSOS DO PROGRAMA DE FORMACIÓN HABILITA 2015
O CONCELLO ENTREGA OS DIPLOMAS AOS ALUMNOS DE CATRO CURSOS DO PROGRAMA DE FORMACIÓN HABILITA 2015
O Consistorio acolleu a entrega dos certificados correspondentes ás modalidades de Inglés, Peixería, Cociña e Fontanería
Narón, 16 de xullo de 2015.- O Concello de Narón acolleu esta o acto de entrega de diplomas aos alumnos dos cursos de Inglés, Fontanería, Cociña e Peixaría enmarcados no programa formativo municipal Habilita 2015 dirixido a desempregados do municipio maiores de 18 anos. Un total de 51 persoas remataron con éxito as clases correspondentes aos certificados entregados hoxe, se ben se matricularon nas mesmas 62 aínda que non todas os remataron, a maioría por motivos de inserción laboral. O alcalde, José Manuel Blanco felicitou a todos os participantes nos cursos e valorou o éxito dos mesmos. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, dirixiu unhas palabras aos alumnos, incidindo en que “o camiño da formación é o máis importante nestes tempos nos que, desafortunadamente, as cifras de desemprego son realmente preocupantes en xeral e nesta comarca en particular, polo que debedes continuar nesta liña para ampliar as posibilidades de acceder ao mercado laboral nas mellores condicións formativas posibles”. As clases desenvolvéronse no Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e na Aula Cemit, en Xuvia, se ben nalgunhas modalidades realizáronse prácticas en empresas da localidade e comarca. Un total 366 persoas participaron entre xaneiro e xuño neste programa formativo municipal, que remataron con éxito 319 alumnos e ao que o goberno local destinou uns 60.000 euros, cantidade na que non se inclúen os gastos derivados de persoal do Concello e instalacións.
No relativo aos diplomas entregados, os cursos de Iniciación profesional, nos que se enmarcan os de Fontanería básica, Cociña básica para hostalería e Peixeiro, impartíronse un total de 850 horas, das que 200 se corresponden con prácticas profesionais non laborais, nas dúas últimas modalidades. No caso dos de Fontanería, os 13 alumnos realizaron esas prácticas na propia nave de Irmás Froilaz e deles, dous están contratados por diferentes empresas. Os dez alumnos do curso de Cociña fixeron o propio nos establecementos O Castiñeiro, El Refugio, Casa Alonso, A Ponte, Cervexaría Estrada de Castela, A Transanquesa, Cátering Ferrolterra e nos dous centros de día da localidade naronesa. Das dez persoas que resultaron aptas, seis están traballando na actualidade.
Os 11 alumnos de Peixaría tiveron prácticas en tres Eroski-Center do Grupo Vegalsa, no Eroski Neda, na Pescadería Esteiro, as pescaderías Chelo e Margarita, a Pescadería Bruno e as de José Luis (cooperativa do Val) e Sara (Cedeira) e Eurolider de Mugardos. Do total de alumnos, cinco están traballando desde o remate das prácticas.
O curso de inglés, enmarcado na modalidade Interprofesional, rematárono un total de dezasete persoas e incluíu dez accións formativas cun total de 435 horas.
Entre xaneiro e xuño deste ano desenvolvéronse no municipio 28 accións formativas. A maior parte dos mesmos, concretamente 14, foron da área de Inclusión Tecnolóxica, que incluíu clases de programas informáticos e de manexo de dispositivos móbiles e que se impartiron na Aula Cemit de Xuvia. No apartado Interprofesional impartíronse dez accións –sobre Prevención de riscos laborais, Hixiene alimentaria, Curso preparatorio do permiso BTP e Conversa en inglés-; na de Innovación e emprendemento convocouse un curso sobre marketing nas redes sociais e posta en marcha de negocios on line, no que participaron 15 persoas e nos de Iniciación Profesional, onde se computan as modalidades de Fontanería básica, Cociña básica para hostalería e Peixeiro, houbo tres cursos, nos que participaron 42 alumnos.
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, valorou o traballo dos alumnos que anualmente participan no programa Habilita, destacando a calidade do mesmo e especialmente o de “todas aquelas empresas que colaboran coa iniciativa para concertar prácticas que afortunadamente nalgúns casos, como nesta ocasión, ao seu remate dan paso a un contrato laboral”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal