Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E O INEGA DESENVOLVERÁN UN PROGRAMA EUROPEO DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE
O obxectivo é conseguir o aforro de enerxía e a mellora do medioambiente nas cidades galegas de menos de 50.00 habitantes, entre as que se atopa Narón.
Narón, 20 de Novembro de 2007.- O Concello de Narón participará nun proxecto europeo de desenvolvemento sostible, financiado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), segundo decidiu hoxe o goberno local. O edil de Medioambiente, Manuel Ramos, indicou que o INEGA ofreceu este programa a concellos de menos de 50.000 habitantes que atópense en áreas metropolitanas, como é o caso de Narón. O proxecto terá unha duración de tres anos, e se desenvolverá entre xaneiro de 2009 e decembro de 2011, cun orzamento total de 373.315 euros, dos que o Concello aportará 27.933 euros e o resto se financiará con fondos do INEGA e a Unión Europea. No caso de Narón, a principal inversión se destinará á contratación dun técnico medioambiental durante os 36 meses que dura o programa, cun orzamento de 72.225 euros. Os obxectivos deste proxecto son catro: por un lado, búscase analizar as diferentes situacións de mobilidade urbana durante os tres anos de duración do proxecto. Para isto se crearán equipos de xestión municipal, que fomentarán a mobilidade sostible e perdurarán unha vez rematado o proxecto, difundindo os resultados do proxecto a toda Galicia. Ó amparo deste programa, elaboraranse Plans de Mobilidade Urbana Sostible e organizaranse seminarios de actualización e sensibilización de medioambiente urbano. Tamén se executarán accións de comunicación, como a elaboración dunha páxina web ou a organización dun Foro Rexional para difundir o proxecto. Ademáis, realizaranse informes de seguimento trimestrais e se medirá a “pegada de carbono” nas cidades beneficiarias do proxecto, entre elas Narón. Finalmente, se establecerá un seguimento, avaliación e elaboración de medidas correctoresa dos Plans de Mobilidade Urbana Sostible. Ó finalizar o proxecto, o Concello e o INEGA agardan saber cáles son as claves de intervención en materia de transporte e aforro de enerxía, para cuidar o medioambiente nas diferentes cidades galegas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal