Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN REPARTIRÁ AUGA NO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS E NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO CAMPO DA SERRA
O CONCELLO DE NARÓN REPARTIRÁ AUGA NO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS E NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO CAMPO DA SERRA
A entrega manterase mentres non se confirme que a auga procedente da rede de abastecemento é apta para o consumo humano
Narón, 17 de xullo de 2015.- O alcalde de Narón, José Manuel Blanco e a primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, acudiron esta mañá a unha reunión en Ferrol co rexedor local desta última cidade, Jorge Suárez, para coordinar a compra e o reparto de auga mineral entre os dous concellos mentres se manteña a prohibición de utilizar a procedente da rede de abastecemento para beber e cociñar. No municipio naronés o reparto realizarase no Centro de Recursos Solidarios, para os usuarios destas instalacións, e no pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía, donde poderá recoller as botellas ou garrafas o resto da poboación que necesite auga potable para consumir. Os días e o horario para poder recollela en calquera das dúas ubicacións será de 16.00 a 20.00 horas durante a tarde de hoxe e mañá e o domingo desde as 10.00 ata as 14.00.
O Concello encargarase de ir repoñendo auga a medida que se demande para así garantir a dispoñibilidade da mesma e no caso das persoas dependentes infórmase de que poderán chamar ao número de teléfono 671 002 905, desde donde se lles collerán os datos para levarlles a auga aos seus domicilios.
No momento en que as análises confirmen que a auga da rede de abastecemento é apta para o consumo, que desde o Concello confían en que sexa en cuestión de horas, comunicarase a todos os veciños e veciñas da localidade. Mentres tanto desde o Concello faise un chamamento á poboación para que non faga acopio de cantidades innecesarias debido a que o problema se prevé solventar en breve e a que se reporá continuamente auga potable nos puntos anteriormente indicados mentres se manteña a prohibición de utilizar para consumo a da rede de abastecemento.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal