Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLEU O XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE NARÓN
O PAZO DA CULTURA ACOLLEU O XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE NARÓN
Unhas duascentas persoas pasaron durante a xornada polo escenario do Pazo
Narón, 18 de xullo de 2015.- O Pazo da Cultura acolleu o XXV Festival Internacional de Folclore de Narón, un evento programado polo consistorio naronés desde o ano 1990 coa finalidade de recuperar e difundir o folclore galego e tamén as culturas doutros países. Nesta ocasión actuaron os grupos folclóricos Valdemedel, orixinario de Ribera del Fresno, en Badajoz (Extremadura) e o de Cantares e Balhados da Relva, de Azores (Portugal); a agrupación folclórica Kin Yich e o grupo de música tradicional Águila o Sol (México), ademais da formación musical T-ta Paramadina organización estudantil da Universidade Paramadina, de Yakarta (Indonesia). Os asistentes gozaron tamén da cultura e o folclore galegos con dúas agrupacións locais: a Banda de Gaitas e o Grupo de Danza Tradicional Alxibeira do Padroado da Cultura do Concello de Narón. A entrada ao espectáculo, que tivo unha duración aproximada de dúas horas, foi gratuíta.
Con motivo da celebración deste evento, ao mediodía celebrouse unha recepción oficial a todos os grupos no Pazo da Cultura. Á mesma asistiron o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro e o director técnico do Pazo da Cultura, Luciano Fernández. Á cita convidouse desde o goberno local a todos os portavoces dos grupos políticos con representación no Concello de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal