Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UN TOTAL DE 450 PERSOAS PARTICIPARON NA DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA DA XVII FESTA DO PEMENTO DO COUTO
UN TOTAL DE 450 PERSOAS PARTICIPARON NA DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA DA XVII FESTA DO PEMENTO DO COUTO
A convocatoria inaugurou a tempada de visitas guiadas ao Mosteiro de San Martiño de Xuvia
Narón, 19 de xullo de 2015.- As inmediacións do local social da Picota, na parroquia naronesa do Couto, acolleron a décimo sétima edición da Festa gastronómica do pemento do Couto. Veciños e visitantes esgotaron os 450 tíckets da degustación gastronómica (que se venderon a un prezo de 12 euros), cun menú a base de costela, cachelos, chourizos e pementos do Couto, con auga ou viño e café ao tizón. En total servíronse uns 250 quilos de carne e máis de 600 de pementos do Couto, un produto con Indicación Xeográfica Protexida desde o ano 2010. Á convocatoria asistiron en representación do Concello naronés o alcalde, José Manuel Blanco; a concelleira de Festas, Mar Gómez, e varios edís dos grupos políticos con representación municipal. Esta cita gastronómica local está organizada pola Asociación de Veciños do Couto, presidida por Anselmo Beceiro e conta coa colaboración do Consistorio naronés e da Cooperativa do Val.
O director do Centro Galego de Artes da Imaxe, Guillermo Escrigas, foi a persoa elixida este ano para ler o pregón. Na súa intervención Escrigas apuntou que foi veciño da localidade, como a súa visaboa, e tamén mencionou os seus tempos de veraneo no muíño das Aceñas. “Sesenta anos despois volvo á casa”, asegurou, agradecendo á organización e ao Concello a súa elección como pregoeiro este ano. A continuación Escrigas repasou a historia do pemento do Couto, aludindo en varias ocasións ao refraneiro popular e apuntando que “a primeira cita que se atopou sobre o pemento do Couto está recollida nun artigo publicado no ano 1925 nun periódico de Santiago e asinado polo xornalista J. Culebras”. Antes de rematar a súa intervención o pregoeiro ofreceu aos presentes unha serie de receitas gastronómicas e recomendacións para cociñar os pementos: fritilos sen rabo, en aceite de oliva virxe, a unha temperatura media e ao final, unha vez fritidos, engadir sal gorda.
Finalizada a lectura do pregón procedeuse á imposición da capa, o xuramento da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, e a entrega do Pemento de prata, que non puido recibir en persoa a propia homenaxeada deste ano, a naronesa Cristina Silvar, doutora en Bioloxía pola UDC e autora dunha análise xenética do pemento do Couto, por encontrase de viaxe. A encargada de realizar o xuramento no nome de Silvar foi a concelleira de Feiras, Mercados e Festas de Narón, Mar Gómez. A continuación o alcalde, José Manuel Blanco, ataviado coa capa da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto –que tamén lucían varios edís e exedís da corporación local- entregoulle un agasallo institucional ao pregoeiro, Guillermo Escrigas. Un grupo musical amenizou a xornada antes de que se comezaran a servir as primeiras racións de comida, baixo unha carpa localizada xunto ao local social.

Visitas guiadas ao Mosteiro do Couto

Ás 12.30 horas comezaron as visitas guiadas ao Mosteiro do Couto, impulsadas pola Concellería de Turismo de Narón, que dirixe Natalia Hermida e que na súa primeira convocatoria deste verán, remataron sobre as 14.30 horas. Vinte persoas participaron, en grupos, nas visitas, que se manterán os sábados de 11.00 a 13.00 horas ata o día 15 de setembro. Unha guía acompaña aos visitantes durante un percorrido de aproximadamente media hora polo cenobio naronés, explicando a historia desta recoñecida construción de titularidade eclesiástica.
As persoas que desexen visitalo coa guía deberán cubrir previamente unha ficha cos seus datos persoais na Oficina de Turismo de Narón –que abre as súas portas de luns a venres de 11.00 a 13.00 e de 19.00 a 21.00 e os sábados e festivos de 10.00 a 14.00 horas- ou no propio mosteiro o día da visita, estando condicionada neste último caso á dispoñibilidade de prazas, ao estar limitado a grupos de entre seis e dez persoas cada percorrido. Para máis información pode chamarse ao número de teléfono da Oficina Municipal de Turismo, o 981 377 700 (ext. 2301), localizada nas inmediacións da rotonda de Freixeiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal