Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O DÍA DE NARÓN CELEBROUSE COA PRESENTACIÓN DE DOUS VOLUMENES DE HISTORIA DO MUNICIPIO
O Concello de Narón celebrou o pasado 23 de Novembro a súa festividade local, coa presentación de dous novos libros da historia do municipio. Trátase do terceiro volume da obra "Narón, un concello con historia de seu", e "Industriais e reais fábricas de Narón en tempos da Ilustración", ambos escritos polo historiador Andrés Pena Graña.
Narón, 26 de Novembro de 2007.- O Auditorio Municipal de Narón encheuse de xente con motivo da celebración do Día de Narón o pasado venres, 23 de Novembro. Personalidades representativas da vida política, social e cultural da comarca non quixeron faltar á cita con esta festividade local, na que se presentaron dous novos libros de historia do municipio. O primeiro deles foi o terceiro volume de “Narón, un concello con historia de seu”, que consta de 441 páxinas e está editado polo propio Concello. Esta nova entrega subtitúlase “Señores, Priores e Labregos” e teñe como protagonistas ós antigos habitantes da Terra de Trasancos: os señores, o clero e os campesiños. O autor realizou un traballo de investigación dende 1991, baixo a dirección do profesor Jose María Luzón Nogué, quen presentou o libro en Narón. Luzón é catedrático da Universidade Complutense de Madrid e Académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (Cádiz). A segunda das obras, “Industriais e reais fábricas de Narón en tempos da Ilustración”, consta de 220 páxinas e foi presentada por Jose María Cardesín, profesor da Universidade da Coruña e especialista no Ferrol da Ilustración. O volume recolle a historia dos muiños de mareas de Xuvia, construidos no século XVIII, e que constitúen unha das imaxes máis emblemáticas de Narón. Durante anos, foron Reais Fábricas de Fariña, e formaron o cerne dunha importante rede de muñeiría industrial, creada fundamentalmente por comerciantes e industriais franceses. Andres Pena Graña é Doutor en Arqueología e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela, ademáis de Historiador, Arqueólogo e Arquiveiro do Concello de Narón. Como funcionario se encarga, fundamentalmente, da investigación da Historia do municipio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal