Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E EMPRESARIOS DA GÁNDARA ORGANIZAN O "I FESTIVAL BULEVAR ODEÓN"
O CONCELLO E EMPRESARIOS DA GÁNDARA ORGANIZAN O
A convocatoria desenvolverase o día 31 de xullo na rúa Cataluña
Narón, 24 de xullo de 2015.- A concelleira de Festas de Narón, Mar Gómez, e o hostaleiro Francisco Paz, en representación dun colectivo de empresarios do sector na localidade, presentaron o “I Festival Bulevar Odeón”, que terá lugar o 31 de xullo na rúa Cataluña, na Gándara, e que coorganizan o Concello e nove establecementos hostaleiros da zona. A cita consiste nun concerto para rememorar a música da década dos 80, co mítico grupo Tennessee, que alternará cancións propias con tributos de Alejandro Sanz –a cargo do grupo No es lo mismo-, Joaquín Sabina –grupo Malas compañías- e Los Secretos –Marcos Mella e banda-. As actuacións das tres últimas formacións musicais comezarán ás 22.00 horas para dar paso, ás 00.00 á de Tennessee. Os concertos serán na avenida de Cataluña –onde se habilita o parque pechado do Rallye de Narón- e son gratuítos. Os asistentes poderán estacionar no parking do Centro Comercial Odeón e nas inmediacións da zona na que terá lugar o festival.
A concelleira Mar Gómez valorou o esforzo realizado polos hostaleiros locais para organizar este evento e asegurou que “desde o Concello apostamos por seguir mantendo a colaboración cos empresarios do sector para impulsar iniciativas que, como esta, permitan organizar eventos que ofrezan tanto aos veciños e veciñas de Narón como aos visitantes alternativas de ocio nesta época do ano”.
Pola súa parte, Francisco Paz agradeceu o apoio do Concello e tamén o dos hostaleiros e comerciantes da zona de Odeón e manifestou a súa confianza no feito de que este festival se convoque novamente o vindeiro ano ofrecendo algunha actividade de ocio infantil. “No mes de febreiro comezaremos a traballar para organizar a seguinte edición”, avanzou Paz.
Por último, a concelleira de Festas de Narón fixo un chamamento para que acudan á convocatoria “todas as persoas que queiran gozar dunha noite de boa música a cargo destes grupos, que nos ofrecerán algunhas das mellores cancións da década dos 80”.
O Concello de Narón colabora na organización do “I Festival Bulevar Odeón” xunto cos establecementos Eder Narón, Nueva Orleans, Folsom, Australian, Cambalache, Caffe Latte, El Colonial, La Suite e Chips, localizados na zona da Gándara.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal