Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO DE DANZA TRADICIONAL ALXIBEIRA INICIA UNHA XIRA POR CUBA
Os integrantes da formación naronesa participan nun intercambio coa Universidade de Ciego de Ávila (UNICA)
Narón, 28 de xullo de 2015.- Un convenio coa Universidad de Ciego de Ávila (UNICA), levará este ano ao Grupo de Danza Tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura de Narón, a Cuba, donde nos días da estancia -desde o 29 de xullo ata o 9 de agosto- realizará varias actuacións. Un total de 35 persoas partirán o día 29 do Pazo da Cultura para chegar a La Habana sobre as 21.40 horas. A primeira das actuacións dos naroneses será o día 30 no Centro Cultural Rosalía de Castro de La Habana. O programa deseñado para esta viaxe contempla unha segunda actuación o sábado 1 de agosto no Teatro Principal de Ciego de Ávila, onde os naroneses compartirán escenario co Grupo de folclore da mencionada universidade, e o día 4 no complexo Hotel Blau Colonial. A última das actuacións incluídas nesta xira terá lugar no Centro Gallego de La Habana, o 9 de agosto. Nesta convocatoria Luciano Fernández, director técnico do Padroado da Cultura de Narón, realizará unha doazón en representación do Grupo de Danza Tradicional Alxibeira ao Grupo de Danza Tradicional do Centro Gallego de La Habana. Os naroneses entregarán todos os elementos de percusión cos que actuarán eses días en Cuba –seis pandeiretas, un tambor e un bombo-, todos eles realizados nos Talleres de construción de instrumentos que se organizan dende o Padroado da Cultura. Os integrantes do Grupo folclórico da Universidad de Ciego de Ávila (UNICA) desprazaranse o vindeiro ano ao municipio naronés, onde tamén protagonizarán varias actuacións musicais.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es