Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CORPORACIÓN LOCAL APROBA POR MAIORÍA NO PLENO UNHA MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DE 3,6 MILLÓNS DE EUROS
A CORPORACIÓN LOCAL APROBA POR MAIORÍA NO PLENO UNHA MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DE 3,6 MILLÓNS DE EUROS
Na sesión saíu adiante unha moción para depurar responsabilidades polos problemas detectados no subministro de auga potable desde Ferrol entre o 16 e o 19 de xullo
Narón, 30 de xullo de 2015.- A corporación local de Narón aprobou por maioría –coa abstención dos edís do PP e o voto en contra do de Eliximos Narón Electores- no pleno celebrado esta mañá, ás dez, unha modificación de crédito por importe de 3.664.592,01 euros procedentes de remanentes do exercicio contable de 2014. Con cargo a esta cantidade procederanse a executar obras de saneamento -600.000 euros- e un plan de mellora de vías da zona urbana -900.000 euros- e outro de camiños do rural -300.000 euros, aos que se sumarán 600.000 do POS da Deputación-, así como actuacións en edificios municipais -717.322 euros-. A gasto corrente destinaranse 226.825 euros da citada modificación e a amortizar débeda bancaria 920.444 euros. Na sesión plenaria aprobáronse tamén por unanimidade bonificacións das taxas municipais da rede de sumidoiros, subministro de auga potable e recollida de refugallos sólidos urbanos correspondentes a este ano e o acordo para designar aos Concellos de Ferrol e Oleiros para representar ao naronés –entre outros- no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria.
A excepción do portavoz de Eliximos Narón Electores, Alfonso Casal, que se abstivo, os edís da corporación votaron a favor de sete convenios de colaboración con clubes e entidades deportivas do municipio (Arco Narón, Náutico Narón, Acordes Narón, Narón Volea, Tenis de Mesa Cidade de Narón, Asociación Deportiva Dardeiros Galegos e Cidade de Narón), por un importe conxunto de 136.000 euros. Cos votos favorables dos edís do tripartito naronés e do portavoz de Eliximos Narón Electores (Grupo Mixto) – o PP abstívose- aprobáronse os festivos locais de 2016, que serán o 10 de febreiro, Mércores de Cinza e o 23 de novembro, Día de Narón. No pleno tamén saíron adiante as axudas municipais para a instalación das arcadas luminosas do Nadal 2014-2015, que se abonarán a sete asociacións de veciños da localidade –tanto da zona urbana como da rural- e que en conxunto suman unha partida duns 20.000 euros.
No apartado de mocións, aprobouse unha presentada por EU sobre a declaración do municipio como contrario á aplicación do Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversión. Acordouse declarar a Narón como municipio oposto ao TTIP e solicitar ao Ministerio de Economía a suspensión das negociacións iniciadas ao respecto nunha proposta que non obtivo o respaldo dos edís do PP e na que os do PSOE se abstiveron.
A segunda das mocións abordadas no pleno foi a presentada polo PSOE sobre a Lei de Protección de Seguridade Cidadá (Lei mordaza), da que se solicita a súa derogación por entender que atenta contra a Constitución e os dereitos fundamentais das persoas. Os cinco edís do PP votaron en contra desta moción, secundada polo resto de grupos da corporación local naronesa.
No pleno aprobouse tamén por unanimidade unha terceira moción, presentada polo BNG e co fin de esixir responsabilidades técnicas e políticas sobre o problema rexistrado no servizo de abastecemento da rede procedente de Ferrol entre os días 16 e 19 de xullo. A portavoz de Terra Galega, Marián Ferreiro, recordou que TEGA sempre se opuxo á concesión realizada unilateralmente polo anterior goberno local de Ferrol á empresa Emafesa para a xestión da depuradora e dos colectores do saneamento. Así mesmo a edil naronesa recordou que a formación defende unha xestión mancomunada, como onte se lle plantexou á Xunta no encontro que mantiveron os alcaldes de Narón e Ferrol, José Manuel Blanco e Jorge Suárez, con representantes da administración autonómica.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal