Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
JOSÉ MANUEL BLANCO E MARIÁN FERREIRO ABORDARON CO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN VARIAS OBRAS DE INTERESE PARA O MUNICIPIO
JOSÉ MANUEL BLANCO E MARIÁN FERREIRO ABORDARON CO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN VARIAS OBRAS DE INTERESE PARA O MUNICIPIO
O convenio para cofinanciar a cuncha acústica do Pazo da Cultura e algúns viais de titularidade provincial centraron os asuntos desta xuntanza
Narón, 3 de agosto de 2015.- O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, reuníronse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, para abordar unha serie de actuacións de interese para o municipio. No encontro, que serviu como primeira toma de contacto entre os representantes de ambas administracións, Blanco e Ferreiro interesáronse polo estado do convenio da Cámara de Concertos asinado co expresidente da administración provincial, Diego Calvo, para cofinanciar a cuncha acústica do Pazo da Cultura de Narón, un equipamento que suporá un desembolso de 284.350 euros, dos que a administración provincial asumirá o 80% e o Concello o 20% restante, cantidade esta última que está reservada no orzamento municipal. O acordo, polo que se interesou o actual presidente provincial, está pendente de habilitar a partida necesaria na Deputación da Coruña para posteriormente aprobarse nun pleno do mencionado ente provincial.
Entre os asuntos sobre os que falaron na reunión estivo tamén o proxecto para levar a rede de abastecemento polo tramo no que se ampliará a estrada do Trece, unha intervención que sufragará a Deputación da Coruña, titular do vial. No que respecta á rede de estradas municipal o alcalde e a primeira tenente de alcalde reiteráronlle a González Formoso a disposición do goberno local de recepcionar as vías propiedade da Deputación que discorren pola zona urbana, como son a avenida de Santa Icía, a rúa Concepción Arenal e a estrada da Gándara. Desde a administración provincial anunciouse que este tipo de acordos son de “máximo interese”, comprometéndose a analizar a viabilidade do mesmo.
Así mesmo, José Manuel Blanco e Marián Ferreiro solicitaron ao presidente da administración provincial información sobre o proxecto das anunciadas obras na estrada do Feal, interesándose polo feito de se o documento está redactado, como se apuntou no mandato anterior, ou non, requerindo neste último caso a redacción do mesmo.
Os representantes do goberno local naronés agradeceron a celeridade coa que González Formoso os recibiu na Deputación da Coruña, e valoraron o “cambio substancial no trato coa administración á que representamos”. Blanco recordou ao respecto que o anterior presidente da administración provincial, Diego Calvo, “tardou dous anos en recibirnos e fíxoo tras presentar unha denuncia ante o Valedor do Pobo”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal