Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO DE DANZA TRADICIONAL ALXIBEIRA REMATA A SÚA XIRA POR CUBA
A última actuación tivo lugar o pasado día 9 de agosto no Centro Cultural Rosalía de Castro de La Habana
Narón, 11 de agosto de 2015.- Os integrantes do Grupo de Danza Tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura de Narón, regresaron da xira iniciada o pasado 29 de xullo por Cuba, programada a través dun convenio coa Universidad Ciego de Ávila (UNICA). A última das actuacións realizadas tivo lugar no Centro Cultural Rosalía de Castro de La Habana, o 9 de agosto, ao non poder realizarse a programada para ese día no Centro Gallego de La Habana por estar en obras as instalacións. O director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández, que acompañou nesta viaxe ao Grupo de Danza Tradicional Alxibeira, valorou a calidade das actuacións realizadas e tamén as dos grupos cos que compartiron escenario nos últimos días, que os levaron ademais a amosar o seu repertorio no Teatro Principal de Ciego de Ávila, o 1 de agosto, e no complexo Hotel Blau Colonial, o 4 de agosto. O éxito de Alxibeira entre os anfitrións cubanos e os espectadores que presenciaron as súas actuacións fíxoos merecedores de varios recoñecementos, como o que recolleu Luciano Fernández de mans dun representante da Universidad Máximo Gómez Báez de Ciego de Ávila. Fernández recibiu unha pandeireta tallada en cristal cunha inscrición na que se recoñece a contribución do grupo Alxibeira “ao rescate das tradicións e ao fortalecemento dos lazos culturais coa Universidad Ciego de Ávila de Cuba”. Na que foi a última actuación desta xira os naroneses doaron todos os instrumentos de percusión que empregaron nas súas actuacións durante a súa estancia en Cuba –elaborados nos Talleres de construción de instrumentos do Padroado da Cultura de Narón- ao Grupo de Danza Tradicional do Centro Gallego de La Habana. Os integrantes do grupo da Universidad Ciego de Ávila desprazaranse ao municipio en 2016 para protagonizar diversas actuacións, nesa ocasión co Grupo de Danza Tradicional Alxibeira do Padroado da Cultura de Narón como anfitrión.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal